InicioMedio ambiente e Patrimonio'Eiquí Eólicos Non' esixe que se actúe xa! contra a ameaza eólica...

‘Eiquí Eólicos Non’ esixe que se actúe xa! contra a ameaza eólica no Courel

A cidadanía organizada en asociacións e Plataformas esixe o posicionamento público dos axentes políticos e sociais implicados, contra a instalación da industria eólica no Courel e zonas limítrofes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aparición de dous novos proxectos para parques eólicos que afectarían aos concellos de Folgoso do Courel, O Cebreiro, Barxas, Veiga de Valcarce, Oencia e Trabadelo, leva á Plataforma Eiquí Eólicos Non a dar un paso máis na reivindicación contra o “espolio eólico” que ameaza as montañas orientais, desde o Courel ao Bierzo, do Iribio aos Ancares e ao Macizo Central. 

A Plataforma esixe que os concellos de Folgoso, Quiroga, Pedrafita, Barxas e Oencia se posicionen públicamente e “actúen como parte agredida e como representantes dunha poboación que será gravemente perxudicada polo que suporía unha irreversíbel afectación do modo de vida, valores patrimoniais, intereses económicos, patrimonio natural, recursos económicos e paisaxe das nosas serras”, sinalan.

Solicitan ao Xeoparque “Montañas do Courel” que rexeite públicamente o impacto dos parques eólicos, posicionándose como parte afectada e axente social interesado na inviolabilidade da Serra do Courel, declarada como Xeoparque Mundial da Unesco. “Este territorio ten uns valores únicos que, de continuar adiante a agresión eólica, se verían irreparabelmente danados, despois dunha evolución natural de miles de anos en relación coa humanidade desde o paleozoico. A unión do ser humano co territorio, valor central do Xeoparque, non pode provocar e consentir unha agresión industrial sobre a que o Xeoparque mantén un silencio escandaloso e vergoñento. Actúen xa!”, apuntan desde a Plataforma.

A Platadorma solicita da Xunta de Galicia un posicionamento público contra o espolio eólico e a suspensión temporal, através dunha Moratoria Eólica, dos proxectos eólicos ante a indefensión da poboación frente a esta avalancha de proxectos. Esexen a elaboración dun Plan Eólico en cuxa planificación, avaliación e aprobación participe activamente a cidadanía.
E solicitan ao goberno do Estado a suspensión inmediata dos proxectos que afectan a estas montañas e piden unha moratoria temporal na autorización de empresas eólicas a gran escala ata que se faga unha planificación con participación social, con amplo apoio de empresas, partidos políticos, comunidade científica e colectivos sociais.

Considera a Plataforma que o recente nomeamento pola Unesco do Courel, a Ribeira Sacra e as montañas do Iribio como a sétima Reserva da Biosfera en Galicia “é un argumento máis para que as administracións públicas defendan este territorio e a súa poboación de agresións depredadoras, ao lado do movimento social e non en frente.” Denuncian que as administracións implicadas están a comportarse contra os intereses xerais da poboación “e está a ser o movimento social organizado quen ten que enfrontarse ás empresas multinacionais e aos trámites burocráticos que as diferentes administracións poñen como trabas no noso camiño.” Polo que solicitan á poboación dos territorios afectados que se sumen á defensa activa da súa forma de vida, do seu patrimonio e valores.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...