HomeMedio ambiente e PatrimonioSober elimina mimosas en zonas da Rede Natura

Sober elimina mimosas en zonas da Rede Natura

Os traballos execútaos FORESGA cunha axuda de 9.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e repetiranse o próximo ano para extinguir a planta por completo.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober conta co 18% da súa superficie incluída na Rede Natura 2000. Estamos ante zonas especiais de conservación, que nalgúns lugares presentan moita presenza de mimosas. A propagación desta especie invasora está  poñendo en perigo hábitats de interese comunitario. Por este motivo o concello propuxo unha serie de actuacións encamiñadas á eliminación desta especie e á restauración da vexetación característica dentro deste espazo. As zonas de actuación enmárcanse dentro da zona de protección da ZEC Canón do Sil ES1120014, e a súa área de influencia, ocupando unha superficie total de preto de 3 hectáreas. Elimináronse estas especies en Areas, Os Chancís e A Barca, onde a especie ocupa parcialmente antigos viñedos e masas arborizadas con vexetación autóctona.

Realizáronse traballos de erradicación da mimosa. Combináronse técnicas mecánicas (roza / corte) e químicas (aplicación fitocida) como método para o control desta especie invasora. Os restos vexetais derivados destas operacións foron aproveitados polos propios veciños ou picados “in situ” para a súa incorporación ao chan como materia orgánica.

Realizado este primeiro tratamento, levarase  a cabo un seguimento periódico da superficie, monitorizando a evolución da masa e controlando a aparición de novos exemplares ou de rebrote na zona tratada. Este seguimento permitirá ademais axustar a programación do tratamento complementario en función da densidade e época do rebrote.

Traballos de eliminación mimosas / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...