HomeMedio ambiente e PatrimonioA A.V. do Saviñao quere solucións para o "despropósito urbanístico" do hotel...

A A.V. do Saviñao quere solucións para o “despropósito urbanístico” do hotel inacabado en Belesar

Solicitan información sobre a situación actual na que se atopa o edificio no que se refire á normativa urbanística e a toma de decisións que rematen con este "feísmo situado nun lugar estratéxico, e que prexudica notoriamente a paisaxe e a imaxe da Ribeira Sacra."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Belesar é un punto de interese clave na Ribeira Sacra pola importante cantidade de xente que o visita e fai a ruta bordeando o Miño ata a praia da Cova e por outros moitos motivos: por alí transcorre o camiño de inverno a Santiago, alí está o embarcadoiro dos catamaráns do Miño, a maiores da beleza e a singularidade da aldea.

Neste lugar está ubicado un dos puntos de feísmo máis escandaloso e máis antiguo da Ribeira Sacra, a estrutura inacabada do proxecto de hotel que o empresario Fortes iniciara hai máis de 15 anos e que aínda hoxe permanece paralizado.

Dende a asociación veciñal do Saviñao ínstase a rematar con esta inacción institucional e a iniciar unha rápida actuación que dea solución a este “despropósito urbanístico.”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A A.V. entrevistouse tamén co arquitecto municipal quen lles informou de que o pleito vén dende o 2004. “Trala denuncia da APLU e a solicitude de derrubo total, un recurso díante do TSXG faia a favor do empresario. Dende entón reciben os informes sectoriais favorables pero deben esperar a recalificación do terreo. No mes de decembro do 2021 apróbase dita recalificación polo que a intención é a de rematar a obra, para o que deben presentar novo proxecto e recibir os informes sectoriais favorables, o que vai retrasar úns anos o remate do edificio”, apuntan desde a asociación.

ÚLTIMAS

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...