HomeMedio ambiente e PatrimonioMonforte coloca novos colectores de recollida de aceite usado para fomentar a...

Monforte coloca novos colectores de recollida de aceite usado para fomentar a reciclaxe e non contaminar a auga

Baixo o lema Reciclando aceite evitas que se contamine a auga, o obxectivo é informar sobre a necesidade de reciclar axeitadamente o aceite de cociña usado, a través dos contedores que o Concello ten ubicado en distintos puntos da cidade, sendo o fin último aumentar o volume de aceite recollido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé,  visitaron a carpa da campaña informativa sobre a reciclaxe de aceite de cociña usado que o Concello ubicou tanto na Praza de Abastos como na rúa Cardenal ou na zona do novo parque do Barrio do Hospital.

Esta campaña medioambiental está encamiñada a proporcionar información sobre a recollida e reciclaxe aceite de cociña usado, e dirixida a todos os monfortinos e monfortinas. Ademais das charlas celebradas en centros educativos de Monforte, este mércores 16 celebouse unha charla informativa sobre o tema na casa da cultura.

Este xoves está previsto que o Concello instale 6 novos contedores urbanos para a recollida de aceite usado, que se engaden ós 14 xa existentes en distintos puntos da cidade. Os novos contedores están ubicados nas rúas Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Fereiro, Reboredo, Cobas, Corredoira e Chantada.

Estos 6 novos colectores, engádense ós 14 xa existentes, que se ubican na rúa Roberto Baamonde nº 110, rúa Leopoldo Calvo Sotelo nº 65, Barrio da Pínguela xunto á illa de reciclaxe, en rúa Chantada nº 123, en rúa Corredoira na entrada do Hospital, en rúa Escultor Francisco Moure nº 26, en rúa San Pedro nº 41 entrada Instituto Río Cabe, Avenida de Galicia entrada aparcamento de Familia, rúa Ourense esquina rúa Teceláns, rúa Malvaron con rúa Benito Vicetto, Praza de Carude, rúa A Coruña fronte a gasolineira, praza Doutor Goyanes con rúa Hortas e rúa Morín fronte á rúa López Suárez. O Concello de Monforte leva recollendo aceite usado 15 anos seguidos, dende 2007.

Beneficios na reciclaxe de aceite  usado

Cada tonelada de aceite recollida e transformada en biocarburante representa un aforro de 3 toneladas en emisións de Co2 (Segundo estudo de Febreiro 2021 da Asociación EWABA  “European Waste-to-advanced Biofuels Association”). Cando non existe un sistema de reciclaxe doméstica a práctica habitual é verter os aceites usados polo desaugadoiro o cal supón un perigo ambiental dado que cada litro de aceite de cociña usado contamina 1000 litros de auga.

En canto aos beneficios ambientais e económicos derivados de proxectos divulgativos coma o que pon en marcha o Concello de Monforte,  destacamos os seguintes:

  • O biocarburante fabricado a partir de aceites vexetais usados xera un 90% menos de emisións que os carburantes tradicionais de orixe fósil.
  • Redución das avarías por atascos nas redes de rede de sumidoiros.
  • Redución de custos no depurado de augas.
  • Redución de verteduras no medio natural.
  • Redución microorganismos nas redes de rede de sumidoiros derivadas da descomposición dos aceites vexetais.
  • Redución de gases efecto invernadoiro xerados por carburantes tradicionais.
  • Obtención de materia prima sustentable a partir dun residuo.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel celebra a ‘Festa da Castaña’

A "Festa da Castaña" de Folgoso do Courel está considerada como Festa de Interese...

A Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os Santos

Os aloxamentos da Ribeira Sacra agardan unha ocupación dun 83% para a Ponte de...

O Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da cámara agraria

Deste modo auméntanse espazos para o arquivo do que dispón o Concello nos baixos...

Monforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de falecidos e desaparecidos por mor da DANA

Os danos que ocasionou a DANA en diferentes comunidades autónomas, pero como moita máis...