HomeMedio ambiente e PatrimonioRosa Cedrón na presentación dos traballos de rehabilitación do Colexio Cardeal de...

Rosa Cedrón na presentación dos traballos de rehabilitación do Colexio Cardeal de Monforte

O acto, aberto a toda a cidadanía, terá lugar o vindeiro 8 de decembro ás 19:00 h. no Colexio dos Escolapios e contará con ambientación musical. A cantante monfortina estará acompañada de Emilio Rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia presentará este xoves 8 de decembro os traballos de rehabilitación realizados no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos nun acto que terá lugar a partir das 19:00 horas e que contará coa actuación musical de Rosa Cedrón e Emilio Rúa.

Contará coa asistencia do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.

Cartel concerto Rosa Cedrón

A cita para dar a coñecer o resultado da intervención está aberta a toda a cidadanía mais será preciso realizar unha inscrición previa no enderezo eventos.cultura.educacion@xunta.gal e o acceso estará condicionado polo aforo máximo permitido.

A REFORMA DUN DOS EMBLEMAS DE MONFORTE

A obra feita no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, permitiu mellorar a conservación da igrexa, claustro e áreas de visita pública cun investimento de 500.000 euros. Coa restauración realizada solucionaranse as patoloxías da bóveda, cuberta e muro do presbiterio. Ademais actuouse nas carpinterías, para evitar a entrada de auga, e nos elementos mobles da igrexa con tratamentos de desinsectación.

Tamén coñecido como Colexio de Nosa Señora da Antiga, está protexido polo seu valor cultural, como Ben de Interese Cultural e, ademais, está incluído na delimitación doutros dous BIC: o conxunto histórico de Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...