HomeMedio ambiente e PatrimonioReparada a ruta da Lagoa da Lucenza danada no incendio deste verán

Reparada a ruta da Lagoa da Lucenza danada no incendio deste verán

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia aportaba uns 19.000 €, que completaba o Concello de Quiroga ata os 25.000 invertidos, que serviron para a reparación da plataforma, a sinalización da ruta, a recuperación de elementos danados e a colocación de novas sinais informativas e interpretativas que permitan a mellor comprensión do medio natural desta ruta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O incendio que afectou á senda da ruta que vai desde o núcleo de a Seara ata a lagoa queimou todas as sinais informativas e tamén danou o trazado polo paso das máquinas e equipos de extinción de incendios que actuaron na zona.

Nesta ruta homologada (PR-G 184) pintouse unha nova sinalización mediante franxas paralelas e de distinta cor (branca e amarela) aproximadamente cada 50 metros, fíxose un refino e planeo do camiño coa correspondente apertura de cunetas, e colocouse unha mesa interpretativa (pendente do contido que se atopa en imprenta) conforme a indicacións do manual de sinalización turística da Xunta de Galicia, así como frechas indicativas de madeira tratada. O Concello de Quiroga aproveitou tamén para reparar unha rúa no núcleo da Seara que fora danada por unha moto bomba que participaba na extinción do incendio.

Lagoa da Lucenza ruta / Concello de Quiroga

A Ruta (PR-G 184) da Lagoa da Lucenza, iníciase no pobo da Seara, e ascende polo val de Forgas, pasando polas fervenzas de Fócaro e de Navarega, ata chegar á Lagoa da Lucenza, de orixe glaciar e cuxa antigüidade remóntase ao pleistoceno. Séguese ascendendo ata a Campa da Lucenza, a uns 1500 m de altitude, e enlázase con unha pista que recorre a parte alta destas montañas. Ao chegar ás proximidades do Alto de Formigueiros, desvíase por un sendeiro que nos levará de volta á Seara pola outra ladeira do val de Forgas.

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...