HomeMedio ambiente e PatrimonioApartamentos turísticos e gandaría en extensivo na Aldea Modelo de Trascastro

Apartamentos turísticos e gandaría en extensivo na Aldea Modelo de Trascastro

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Agader, Inés Santé, e do alcalde do Incio, Héctor Manuel González, visitou a aldea modelo de Trascastro, no marco da Semana da Administración Aberta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de posta en valor que se están levando a cabo en Trascastro van desde a actividade de gandaría en extensivo ata a dinamización do núcleo rural a través, por exemplo, da rehabilitación de dous apartamentos turísticos. Na aldea, ademais, estase a desenvolver un proxecto piloto de Plan de dinamización do núcleo rural, a cargo da Fundación RIA, fundada polo arquitecto, David Chipperfield. Dito plan busca reformar o núcleo rural desta aldea acorde aos seus elementos patrimoniais e culturais.

Precisamente na visita ao núcleo, o conselleiro e demais asistentes puideron supervisar os traballos de rehabilitación de dous apartamentos turísticos emprazados nunha casa con máis de dous séculos de historia. Desta forma, apuntou o conselleiro, non só se recuperan os terreos agrícolas que rodean a aldea senón que tamén se aposta pola dinamización do seu núcleo rural, contribuíndo así ao desenvolvemento económico e á fixación de poboación na zona.   

Estes traballos de reforma foron obxecto dunha axuda da Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- para proxectos de investimentos en actividades non agrícolas, beneficiándose dunha achega de algo máis de 88.000 euros para un investimento de case 200.000 euros. O conselleiro sinalou que a través desta orde de axudas apóstase polo reforzamento do tecido empresarial no medio rural, coa finalidade de xerar as condicións necesarias para crear e consolidar emprego e afianzar poboación, con incidencia, desde a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, nos proxectos que se desenvolvan nos núcleos das aldeas modelo, como é o caso deste proxecto en Trascastro.

Trascastro visita Conselleiro Medio Rural / Consellería do Medio Rural

Gandaría en extensivo

O conselleiro e demais asistentes tamén visitaron a gandaría en extensivo con vaca cachena implantada nos terreos que rodean a aldea. Dita explotación caracterízase pola instalación dun sistema baseado no Internet das cousas para a xestión da gandaría, mediante unha rede de datos que dá cobertura a toda a aldea a través de sensores e que permite recibir información en tempo real. Así, instaláronse -ata o momento- sensores de xeolocalización de gandaría e de sanidade animal, sensores do nivel de auga nos bebedoiros e sensores para detectar problemas nos pastores eléctricos, avisando de calquera incidencia mediante unha mensaxe ao móbil do gandeiro.

Estes dispositivos, que están alimentados por placas solares, permiten dar solucións a problemas como a dificultade das comunicacións determinadas pola orografía galega, ao mesmo tempo que se dá apoio ao desenvolvemento do rural galego. Grazas ao uso deste tipo de tecnoloxías, contribúese á xeración de valor engadido e á sustentabilidade dos seus produtos, o que favorece precisamente o desenvolvemento de certificacións como a do leite de pastoreo. Trascastro foi a primeira decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas dividida en 136 parcelas, propiedade de 82 veciños.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...