HomeMedio ambiente e PatrimonioO palco da música de Vilamor, no Courel, loce un fermoso mural

O palco da música de Vilamor, no Courel, loce un fermoso mural

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel vén de rematar un traballo voluntario e colectivo dirixido por Carola Carrot que consistiu na elaboración dun mural no Palco da Música da aldea de Vilamor, no Concello de Folgoso do Courel, a partir de material e técnicas vernáculos.

A actuación forma parte doutras máis que se realizarán para conmemorar o 25 aniversario da Asociación e conta coa colaboración e apoio económico da área de Medio Rural, Mar e Mocidade así como da Deputación de Lugo.

A obra representa as Montañas de Courel no friso e o bosque autóctono de frondosas no mural, destacando o castiñeiro.

En palabras da propia asociación “preténdese que sexa un símbolo do novo Courel tras a vaga de lumes que afectou a serra no verán de 2022”.

Equipo de traballo. Foto: Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...