InicioMedio ambiente e PatrimonioMontañas do Courel, Xeoparque Mundial da UNESCO

Montañas do Courel, Xeoparque Mundial da UNESCO

A declaración oficial tivo lugar onte, no transcurso da 206ª reunión da Xunta Directiva da UNESCO en París, e converte a este territorio no primeiro Xeoparque do noroeste de España e no primeiro en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga pódeno dicir ben alto, “somos xeoparque”. A nova da designación oficial como Xeoparque Mundial da UNESCO soúbose o 11 de abril pola tarde, e dende ese momento está a correr polas redes sociais e diferentes medios de comunicación como a pólvora; a ledicia e satisfacción chegou a tal punto que incluso houbo xente do municipio quirogués que tirou bombas de palenque para celebralo.

o camiño percorrido

A andaina para chegar a este punto comezou no ano 2009 cando o GDR Ribeira Sacra participou nun proxecto de cooperación interterritorial entre Grupos de Desenvolvemento Rural en España baixo o título “geoempleo: la geodiversidad como yacimiento de empleo”. A raíz dese encontro, o GDR coñeceu a figura dos xeoparques e comezou unha toma de contacto con algúns existentes en España para, a continuación, impulsar unha candidatura.

A decisión estaba tomada e axudaba que a Comarca de Quiroga xa iniciara a potenciación do patrimonio xeolóxico, moi importante para a consideración final dun territorio como xeoparque. Baixo a coordinación do GDR creouse a Asociación Montañas do Courel, formada polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Esta asociación, integradora dos intereses común destes municipios, foi dando pasos cunha clara estratexia de especialización baseada na aposta polo patrimonio xeolóxico, moi presente no territorio. No 2017 presentou formalmente a candidatura diante da UNESCO, organismo que o ano 2018 mandou un grupo de avaliadores para coñecer sobre o terreo o potencial da candidatura. A finais deste mesmo ano, en setembro, o Consello de Xeoparques Mundiais da UNESCO acordaba propoñer oficialmente a Montañas do Courel como Xeoparque Mundial.

xeoparque montañas do courel

A declaración dun Xeoparque Mundial da UNESCO basease en tres principios: a existencia dun patrimonio xeolóxico que serva de protagonista e de eixe condutor, a posta en marcha de iniciativas de xeoconservación e divulgación, e favorecer o desenvolvemento socioeconómico e cultural a escala local.

O territorio “Montañas do Courel” é un escaparate ideal para observar parte da historia xeolóxica do planeta Terra, concretamente o Paleozoico inferior e medio, e en menor medida tamén finais do terciario e cuaternario. Trátase dunha das zonas máis diversas, a nivel xeolóxico, do noroeste peninsular.

O aspecto máis destacado desta proposta de xeoparque, e seguramente moi valorado na decisión final da UNESCO, é a relación da humanidade co paleozoico, a conexión dos humanos coa xeoloxía. Podemos ver esta relación, por exemplo, en aproveitamentos a través de explotacións auríferas ou de pizarra.

Transmitir ao organismo internacional a relación tan estreita entre o medio natural e o ser humano foi o fío condutor, a semente que finalmente xerminou dando como froito este recoñecemento para o territorio da Comarca de Quiroga.

O Xeoparque Montañas do Courel abarca unha superficie de 577 quilómetros cadrados, conta con 5.245 habitantes e destaca pola gran cantidade de lugares e contextos xeolóxicos, lugares de interese natural, miradoiros, centros de interpretación, rutas homologadas, festas agroalimentarias e diferentes aloxamentos.

Montefurado, ‘A Boca do Monte’ / XdL

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...