HomeMovementos sociaisConcentración nocturna para alertar da 'emerxencia feminista'

Concentración nocturna para alertar da ‘emerxencia feminista’

Monforte, Chantada e O Courel súmanse á convocatoria de máis de 200 concentracións e manifestacións que se levarán a cabo principalmente en España, mais tamén en cidades como París, Londres e outras de lationamérica.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado 18 de setembro a asociación feminista FEMforte convocaba unha concentración diante da Casa do Concello de Monforte contra os recentes asesinatos machistas -catro en tres días- e ao final da mesma anunciaba xa unha nova mobilización para este venres 20. A intención é alertar sobre a situación extrema e crítica que se está a dar e, simbolicamente, tinguir a noite de feminismo ás 21:30 h.

Segundo esta entidade, estamos vivindo unha situación límite, un verdadeiro estado de emerxencia que se adoita decretar en casos de grave perturbación da paz dun Estado, como consecuencia de graves circunstâncias que dificultan ou impiden o transcurso da vida normal da comunidade.

No comunicado de prensa sinalan que “é inadmisible para un estado democrático que sexa asasinada unha muller cada dous días, como ocorreu o pasado mes de xullo no Estado Español. Éste foi o peor verán da década, no que respecta á violencia de xénero. Non se pode falar de paz social cando no que vai de ano se produciu unha masacre e o dobre de violacións grupais que en anos anteriores”.

Dende FEMforte insisten no ‘Estado de Emerxencia para as mulleres en todo o Estado Español’, animan a toda a cidadanía a cumprir cos deberes da Declaración de Dereitos Humanos para coas mulleres e esixen que o Estado cumpra as obrigas adquiridas na firma do Tratado de Estambul facendo efectivas as medidas incluidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Concentracións nocturnas en Monforte, chantada e no Courel

Coñecendo os antecedentes e as motivacións desta nova concentración feminista, dende Monforte, Chantada e O Courel convidan á veciñanza a tinguir a noite de feminismo, a ir con roupa negra e/ou violeta e levar luces violetas. A concentración de Chantada, a iniciativa do colectivo Polamiúda, será ás 21:00 h. na Rúa Leonardo Rodríguez, a do Courel será ás 21:00 h. na Praza do Concello e a de Monforte, convocada por FEMforte, ás 21:30 h. diante da Casa do Concello.

Cartel da convocatoria no Courel

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...