HomeMovementos sociaisSarria acolle unha exposición fotográfica sobre o dano cerebral

Sarria acolle unha exposición fotográfica sobre o dano cerebral

A colección de imaxes “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” chega a Sarria este mércores 14 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra fotográfica, organizada por varias entidades e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Sarria, pretende achegar á cidadanía o traballo realizado por entidades que traballan no eido do afectación cerebral en Galicia. As fotografías foron tomadas nas cinco asociacións de FEGADACE polo fotógrafo Aigi Boga e compoñen un completo retrato sobre as consecuencias do dano cerebral.

As instantáneas están acompañadas dunha recompilación de títulos nos que se trata esta doenza; as súas causas, as situacións de dependencia que se xeran, as posibilidades de refacer proxectos de vida dos afectados e das familias, etc.

Componse de 38 cadros e estará exposta ata o 23 de abril na Oficina de Turismo, ‘Antiga Prisión preventiva’ (Av. da Mercede, 8).

O horario principal de visitas é de 10:30 a 13:30 pero como nas demais exposicións, dáse a opción de pedir cita para valorar outras posibilidades.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...