HomeMovementos sociaisQueixas pola baixa presión da auga no barrio do Hospital de Monforte

Queixas pola baixa presión da auga no barrio do Hospital de Monforte

A veciñanza duns bloques de pisos deste barrio monfortino quéixase de problemas coa auga non podendo, por exemplo, poñer lavadoras nin activar as caldeiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O problema da presión coa que chega a auga a uns bloques de vivendas no barrio do Hospital de Monforte, concretamente os edificios que hai onde o Mercadona, seica vén de atrás pero este mes de xullo estase agravando segundo manifestan os veciños e así nos fai saber a presidenta dun dos bloques afectados.

“Os problemas máis serios chegan co verán, tamén cando hai algunha avaría, pero sobre todo no verán”, dinos esta veciña e presidenta dunha das comunidades de veciños afectada. “Non hai presión dabondo a partir do terceiro piso non podendo poñer lavadoras e nalgúns casos non chega a acenderse a caldeira”, refire tamén.

As lavadoras acostuman a estar no derradeiro piso dos edificios, nos rochos, co cal a altura é xa a dun oitavo piso co cal a falta de presión impide por momentos que poidan funcionar co consecuente prexuízo doméstico para as familias.

“Ás veces tamén nos atopamos que chega un fiíño de auga para ducharse”, apunta a nosa interlocutora poñendo exemplos puntuais das incomodidades que provocan estas incidencias, sinalando ademais que entre as 19:00 e as 22:00 h. é cando máis problemas de presión se dan.

“Ás veces tamén nos atopamos que chega un fiíño de auga para ducharse”

Segundo refire a veciñanza, o tema xa se lle leva trasladando dende hai tempo a Aqualia, empresa concesionaria do servizo de augas en Monforte, e este pasado mes con máis motivos polos problemas que se están dando. Trasladaron, segundo nos contan, tamén por escrito e esperan algunha comunicación formal sobre o problema, pero sobre todo queren solucións.

Esta presidenta coa que falamos dinos que, comunicadas as incidencias, algún encargado de Aqualia ten chegado a dicir que “o problema podía ser porque hai veciños que enchen as piscinas e regan as hortas”.

Sede de Aqualia en Monforte de Lemos / XdL

Estas pasadas semanas veciñas e veciños tamén se queixaron a través das redes sociais e trasladáronlle o tema á Asociación Barrio do Hospital. Falamos co seu presidente, Miguel Pino, que afirma terse ofrecido á veciñanza afectada para acompañalos a Aqualia e incluso para trasladar algún escrito se fixera falta.

Este medio comunicouse tamén con Aqualia para trasladarlles esta queixa veciñal e que nos desen a súa opinión ao respecto. Falamos co Sr. José Arce quen nos dixo que revisaría o historial de incidencias e trasladaría un comunicado en canto lle fose posible.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...