HomeMovementos sociaisCamiñada contra o cancro de mama en Quiroga

Camiñada contra o cancro de mama en Quiroga

A Área de Muller do Concello de Quiroga xunto co CIM organizan esta actividade o xoves 19 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Ponte en marcha contra o cancro de mama’, este é o lema baixo o cal a Área de Muller do Concello de Quiroga, xunto co CIM (Centro de Información á Muller), convidan a participar nunha andaina para visibilizar a loita contra esta enfermidade.

Será o 19 de outubro ás 17:00 h., transcorrerá polo Paseo Fluvial da vila e terá como punto de encontro o parque do Auditorio Municipal, lugar onde se recollerán donativos e haberá material á venda para recadar fondos a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

ÚLTIMAS

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...