HomeMovementos sociaisCampaña de recollida de alimentos e medicamentos para refuxiados saharauis

Campaña de recollida de alimentos e medicamentos para refuxiados saharauis

Esta iniciativa, que impulsa a asociación SOGAPS, realizarase a través da caravana organizada coincidindo coa viaxe de regreso dos nenos e nenas que participaron este verán no programa "Vacacións en Paz".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación SOGAPS vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de alimentos e medicamentos co obxectivo de enviar axuda humanitaria aos campamentos de refuxiados saharauís. Esta iniciativa realizarase a través da caravana organizada coincidindo coa viaxe de regreso dos nenos e nenas que participaron este verán no programa “Vacacións en Paz”.

Ata o vindeiro 30 de agosto, calquera persoa interesada poderá colaborar doando alimentos como: aceite de oliva virxe, mel, arroz, azucre, lentellas, ou conservas (sardiñas ou atún), así como material sanitario e medicamentos.

Igualmente, farase recollida de material sanitario. Dende luvas e batas estériles ata instrumental para curas, ademáis de test de orina, teste de embarazo, aspirador de secreción infantil ou instrumentos para curas; e medicamentos tales coma analxésicos e antiinflamatorios, antihistamínicos, xarabes antitusivos, vitaminas, pomadas antibióticas ou corticoides así coma medicación inxectable.

Para calquera dúbida para a recollida de material sanitario poden contactar no teléfono 679 408 524 da comisión sanitario ou no teléfono 609 536 940.

PUNTOS DE RECOLLIDA EN MONFORTE

Piensos Senra, na Rúa Benito Vicetto nº45 e en horario: Luns a venres: de 9:30 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. Os sábados de 9:30 a 14:00 h.

CURGAL no enderezo Rúa Rof Codina nº3-5, en horario: Luns a venres: de 8:00 a 14:00 h.

Desde SOGAPS sinalan que “esta campaña é unha oportunidade para que a comunidade únase e contribúa a mellorar as condicións de vida nos campamentos saharauís” e “agradecen de antemán a colaboración de todos e todas nesta causa solidaria”.

ÚLTIMAS

Opinión: Pura fantasía!

Desde pequeno gardo unha relación especial co celuloide. Foi co meu irmán Lois ,ao...

A última edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte “foi a mellor ata o momento”, asegura o alcalde

Nesta edición o Festival do Viño volveu a acadar cifras superiores ás edicións anteriores,...

Ignacio González, premiado polo Clúster da Pizarra como mellor expediente de bacharelato de Quiroga

O Clúster da Pizarra de Galicia promove unha iniciativa que premia a excelencia nos...

Cita este 11 de xullo no Círculo Recreativo de Chantada

A Irmandade Cultural País do Faro organiza este venres, 11 de xullo, a presentación...