HomeMovementos sociaisMobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

A ANPA do CEIP de San Clodio organizou unha manifestación este domingo 8 de setembro e a ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober unha concentración o venres 6.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San Clodio unha manifestación contra os recortes de profesorado que percorreu a capitalidade do Concello de Ribas de Sil para rematar diante da Casa do Concello. Convocados pola ANPA deste centro escolar déronse cita unhas 200 persoas, entre as que ademais das familias directamente afectadas había veciñanza solidarizándose coa causa así como membros do goberno local e algúns compoñentes do BNG en Ribas de Sil, Quiroga e Monforte.

Manifestación convocada pola ANPA do CEIP de San Clodio. Foto cedida.

Entre as pancartas, salientar algunhas delas con mensaxes como as seguintes: “dinamizar o rural, non dinamitalo”, “por unha educación xusta e de calidade”, “Administración, + Implicación”, “non ós recortes no rural, non somos números”… E unha moi especial e moi aplaudida que foi elaborada polos usuarios do Centro de Maiores de San Clodio que rezaba deste xeito: “Os maiores do CAM apoiamos ó colexio porque os nen@s son o futuro”.

Pancarta feita polos usuarios do Centro de Atención de Maiores de San Clodio. Foto cedida.
MOBILIZACIÓN EN SOBER

O pasado venres 6 de setembro, outra mobilización era noticia en Sober tamén por reivindiar un ensino de calidade, libre de recortes. A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober convocou unha concentración na Praza do Concello coa que quixeron amosar o seu malestar polos recortes que está levando a cabo a Consellería de Educación de cara ao vindeiro curso 2024/2025.

Pancarta na mobilización de Sober. Foto: ANPA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober

Dende a propia ANPA fixeron chegar a este medio o manifesto que se leu no acto e que entendemos trasladarán á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

“Ao Sr. Conselleiro de Educación Román Rodríguez.

As familia que integramos a ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober queremos trasladarlle o noso malestar polos recortes que está levando a cabo a súa Consellería de cara ao vindeiro curso 2024/2025 que a vindeira semana comezan, e que supoñerán un atentado contra o dereito a educación no rural dos nosos nenos e nenas, impedíndolle o acceso os medios humanos e materiais que garanten unha ensinanza de calidade.

O incumprimento da baixada das ratios é totalmente incompatible coa redución das horas de atención educativa dos mestres e mestras nos centros rurais, REQUERIMOS que ante a redución de horas se poñan a disposición do noso centro todos os medios necesarios para a correcta atención dos nosos nenos e nenas emendando así as terribles inxustizas, situación de abandono e desigualdade que levamos sufrindo nos últimos anos.

As familias detectamos grandes carencias na atención das necesidades educativas, dende a falla de profesorado polo non desdobre dos cursos que o precisan, así como as horas das que dispón tanto a orientadora como o persoal de pedagoxía terapéutica que está compartido con outros centros, ademais de outras moitas carencias materiais que dende hai varios anos estamos a padecer, como pode ser o caso do arranxo das goteiras no ximnasio.

Por todo o anterior, dende a ANPA Virxe do Carme, queremos que non se menoscabe gravemente a educación, futuro e oportunidades dos nosos nenos e nenas unicamente polo feito de vivir nun entorno rural.

Esiximos que por fin se cree un Plan Específico tendo en conta as particularidades dos centros do rural, especialmente o noso.

Para dar a coñecer esta situación de inxustiza trasladamos hoxe aquí a toda a sociedade, este manifesto de reclamación que esperamos sexa atendido, e dende a súa Consellería dean solución a todas cantas cuestións plantexamos.

A equipa directiva da ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober”.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...