InicioOpiniónCousas Xacobeas: Dar pousada ao peregrino

Cousas Xacobeas: Dar pousada ao peregrino

Sarria, que por contar con estación de ferrocarril é o punto escollido por moitos peregrinos para iniciar a súa peregrinación, apostou dende hai anos por dar os mellores servizos aos que por aquí pasan ou que alí comezan a súa andaina.

Publicado o

POR
Xaime Félix López Arias
- Advertisement -

No pasado histórico do feito Xacobeo nas parroquias do actual concello de Sarria, houbo ata once hospitais para acollida de peregrinos. Nos 11 quilómetros do Camiño Francés estiveron abertos os da Aguiada, San Cosme do Carballal , o “Hospital Vello” de Sarria, San Roque ou da Madalena, Santo Antón Abade e o de gafos en San Lázaro (Maside ), obras pías que perduraron ata os primeiros anos do século XIX.

Pasada a vila houbo os hospitais de Barbadelo, Santa Marta (Ortoá) e Morgade (A Pinza). No Camiño de Lemos a Asturias alzou a Casa do Barrio o Hospital de Santo Amaro (en Louseiro) e no Camiño francés de Lugo a Monforte abriu as súas portas o Hospital de Goián.

Aos hospitais énadíanse á hora de atender aos camiñantes os mesóns, albergarías e tabernas que en bo número aparecían entre Pintín e Morgade. En 1754, na parroquia de Calvor había ata oito mesóns “de maragatos e arrieiros que conducen viño”, porque polo Camiño Francés, ademáis de peregrinos, pasaban expedicións militares, correos, arrieiros, gallofos e traxinantes.

Esa vocación de atención ao peregrino está máis que viva dende que, da man de Elías Valiña Sampedro, o fenómeno das peregrinaciòns xurdiu con novo pulo, e así, a día de hoxe, darredor do Camiño, no concello de Sarria, xurdiron 28 albergues (5 antes de chegar á vila, 17 na vila e 6 saíndo cara Portomarín), e só tres deles son de carácter publico.

A estas instalaciòns hai que enadir a oferta de 5 hoteis de categorías varias, 23 pensións e instalacións similares (hostel, “rooms”, etc. ), 69 establecementos hosteleiros que ofrecen comisas e demais servizos (restaurantes, casas de comidas, pulperías, etc.), 3 casas de turismo rural, pisos turísticos, cinco tendas de material específico para peregrinos, una oficina oficial de información, outra de selado de credenciais na igrexa de San Salvador e a oficina informativa dos Amigos do Camiño de Santiago en Sarria.

Esta variada oferta, sinalada ao longo do Camiño, complétase coa existenza de 25 establecementos de alimentación, autolavandarías, tendas de atención a ciclistas, puntos de vending, servizo de transporte de mochilas e maletas etc. que, dunha ou doutra maneira, están moi vencellados ao paso dos peregrinos pola vila.

Sarria, que por contar con estación de ferrocarril é o punto escollido por moitos pereginos para iniciar a súa peregrinación, apostou dende hai anos por dar os mellores servizos aos pereginos que por aquí pasan ou que aquí comeza a súa andadura.

Compre agora afondar na preparación do persoal que os atende para acadar os mellores nivel de profesionalidade, para que o xesto de acollida que fixo que desde a Idade Media se unisen caridade e fidalguía, se traduza nos tempos actuais nunha acolida cordial e agradecida.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...