InicioOpiniónDiario de corentena: As máscaras que te asfixian

Diario de corentena: As máscaras que te asfixian

Confinados na casa faltouvos o aire? A min non, e coa mascarilla si. Asfixia esa incapacidade de respirar aire puro e ese respirarte a ti mesmo mentres se che abafan as gafas, co olor a hospital de fondo.

Publicado o

- Advertisement -

Cando saímos da casa nesta crise sanitaria pídesenos que sexa por necesidade e mantendo o distanciamento social, usar luvas no caso de que sexa necesario e poñer máscaras nos casos nos que non se pode manter o distanciamento social. As mascarillas apuntan a que van ser protagonistas do proceso de desescalada, cando case todos volvamos a estar na rúa.

O 25 de marzo no Diario de Corentena, cando o medo impregnaba todo e o peor estaba por vir: “Isto é unha locura, é un fracaso de modelo social,” dixéronme á outra banda do teléfono. “Este ten que ser tempo de reflexión sobre o propio capitalismo, sobre a globalización e sobre o modelo de produción e de sistema que temos, onde non somos capaces de producir mascarillas.”

Sanitaria atende a unha paciente de coronavirus (imaxe de arquivo). EFE

Hoxe, un mes despois, o Xornal de Lemos publicaba entrevista coa empresa de Taboada que antes da chegada do Covid19 a Europa vendía mascarillas a China. Desde Comercial Mida explican que os seus provedores son nacionais e o 80% deles importan de China. Sobre a dependencia do xigante asiático afirma que aínda vai ser maior despois desta crise.

con falta de algo que nos afoga

Non me tiña preocupado polas máscaras porque non había, e nas saídas ao supermercado procuraba manter as distancias. En China, cando comezaron a saír á rúa, todos o fixeron con máscara para non desencadenar un rebrote. E aquí ocurrirá algo parecido, e a semana pasada encarguei máscaras na farmacia. Recollinas o venres e mañá o concello de Monforte comeza o reparto a domicilio das máscaras entre a veciñanza empadroada.

A.B.

O caso é que onte pola mañá ía saír mercar e quixen ir de estrea coa máscara, a que teoricamente protéxete a ti e aos demais de ti; 9 euros, creo que foron. Púxena na casa antes de saír para ver que pinta tiña. Despois dun minuto tiven que sacala, pódese respirar, pero eu afogo. Confinados na casa faltouvos o aire? A min non, e coa mascarilla si.

Saín á rúa, con ela no peto da cazadora para poñela antes de entrar ao super e mentres tanto poder respirar. Cando ía chegando e pensei en poñer a máscara, revolvéuseme o estómago e optei por non usala. De repente non fun capaz de entrar nin sen máscara e volvín para a casa sen mercar. Onte pola tarde volvina poñer e xa non me impresionou tanto, pero asfixia esa incapacidade de respirar aire puro e ese respirarte a ti mesmo mentres se che abafan as gafas, co olor a hospital de fondo.

Bosque autóctono de Galicia.

Claustrofobia?… e penso nos profesionais que as teñen que utilizar constantemente e en como as teremos que utilizar a partir de agora cando esteamos con xente. Esas mascarillas que asfixian porque chegan dun mercado globalizado que só responde a intereses económicos. E teremos falta de algo que nos afoga, pero que axuda a controlar o virus.

segue o Diario, agora os martes, xoves e domingos

O 16 de marzo Xornal da Mariña, Xornal de Lugo e Xornal de Lemos iniciamos este Diario de Corentena. Os corenta días xa pasaron e hoxe os nenos comezaron a saír á rúa e a partir do día 2 maio, se todo segue estable, deixarannos saír a pasear e facer deporte, espero que sen mascarilla.

Pouco a pouco irase facendo a desescalada e nos xornais seguiremos acompañándovos co Diario, publicacións que agora se farán os martes, xoves e domingos.

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...