InicioOpiniónO acaparamento no século XXI

O acaparamento no século XXI

Buscar fórmulas social e economicamente sostibles para todos os que son parte do territorio é aínda unha materia pendente no noso país.

Publicado o

POR
Jorge Cimadevila
- Advertisement -

Recentemente nas redes sociais houbo certa algarabía polo anuncio publicitario de LARSA. A meirande parte dos comentarios ían encamiñados a loar non só o atrevemento de facer o spot no idioma propio, senón tamén a como se poñen en valor os saberes e as tradicións galegas fronte ás recomendacións dos de fóra. Ao velo viñéronme á cabeza as historias dos avós sobre as orixes de LARSA en Arxeriz, parroquia de Fión (O Saviñao), no lugar onde hoxe podemos visitar o coñecido Ecomuseo Pazo de Arxeriz.

Se miramos hoxe as parroquias da Terra de Lemos non atoparemos moitas evidencias de que foron ricas en produción e saber agrario. Nas ribeiras do Cabe, os socalcos desaparecen baixo o auxe das árbores e nos montes de Sampaio de Pantón, alí onde non se espallan os ruinosos cultivos de piñeiros -que arden ano si e ano tamén- prospera o mato apoderándose da historia.

Segundo a FAO (Organización das Nacións Unidas para a alimentación e a agricultura) sonos pequenos agricultores os responsables de grande parte da alimentación mundial e do mantemento da biodiversidade; porén, na nosa terra semella que segue vixente a idea de que canto máis grande, mellor. Exemplos deste tipo de proxectos témolos no viñedo,  na gandaría ou na horta, con novos propietarios que se aproveitan da situación de abandono das terras para adquirilas a prezo de saldo, acaparando os seus beneficios e poñendo en risco a seguridade e a soberanía alimentar.

Podemos, como sociedade, permitirnos que alí onde poden vivir ducias de familias a riqueza se centren só nuns poucos?

Fai tempo, o presidente da denominación de orixe Ribeira Sacra afirmaba nunha entrevista que non era necesario o cooperativismo na zona, porque a concentración de grandes cantidades podía non ser competitiva nos mercados, non garantía a fixación do prezo e ademais resultaban máis atractivas as “agrupacións comerciais para momentos determinados”

Hoxe en día na nosa denominación, o 50% da produción está concentrada en só dúas adegas, o que inflúe de maneira relevante na xa mencionada fixación dos prezos e fai que acaparen grande parte do mercado. Se na Ribeira Sacra existiran as cooperativas de produtores, os pequenos viticultores poderían ter máis poder para negociar os prezos e buscar alternativas de produción, transformación, comercialización ou abastecemento. Buscar fórmulas social e economicamente sostibles para todos os que son parte do territorio é aínda unha materia pendente no noso país.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...