HomeOpiniónEscola de menciñeiros

Escola de menciñeiros

Hoxe, e grazas o coronavirus, vivimos unha época dourada con toda unha lexión da nova escola de menciñeiros. Nos lugares de traballo, nos establecementos comerciais, nos locais de hostalería, nas rúas e prazas e, por suposto, nas salas de espera de hospitais e ambulatorios podémolos oir pontificar sobre os avances e retrocesos na investigación e tratamento, sobre a eficacia das vacinas ou sobre os protocolos de seguridade sanitaria. Veunos ver San Pedro, vaia…(a eles)

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Contaba o bon amigo Abilio que había un doutor en Zamora que curaba todo tipo de cancros. Pero que esa non era unha boa noticia senòn todo o contrario. As avionetas dos multimillonarios que acudìan tratarse con el levantaban tellas e chemineas a esgalla. E ademais non deixaban sitio para aparcar.

Non sei se foi ese ou outro doutor o que patentou un tratamento para curar o SIDA que consistìa esencialmente nunha cebola e un vaso de auga. Xa Vicente Risco nos ilustraba sobre milagres médico-nutricionais explicando que o bacalao non eran màis que vendas dos hospitais ben prensadas e condimentadas. E sabido é que antigamente o marmelo se facìa cos ollos dos porcos e un pouco almíbar e o arroz consistía en neumáticos moidos e que se encalaban. A dixestibilidade, claro, estaba nos aderezos, sobre todo bicarbonato. 

Non esquezamos tampouco a lenda que falaba de que non se debe nin se pode comer o polbo -ninguèn din así- con auga porque hai risco de que os anacos se volvan reunir no estòmago e o animal reviva.

A aspirina para previr infartos, a destrucciòn da dentadura por causa do Oraldine, a augardente contra dores nas moas...remedios populares para combater doenzas tamén populares como os “nervios ao estómago”, “irlle mal” ou ata o mal de ollo.

Son todos mitos da medicina popular. Lendas que a saber de onde sairon pero que acabaron convertidas en verdades como puños. Non esquezamos o refrán que di “de fútbol e de medicina todo o mundo opina”.

O coronavirus e a nova escola de menciñeiros

Hoxe, e grazas o coronavirus, vivimos unha época dourada con toda unha lexión da nova escola de menciñeiros. Nos lugares de traballo, nos establecementos comerciais, nos locais de hostalería, nas rúas e prazas e, por suposto, nas salas de espera de hospitais e ambulatorios podémolos oir pontificar sobre os avances e retrocesos na investigación e tratamento, sobre a eficacia das vacinas ou sobre os protocolos de seguridade sanitaria. Veunos ver San Pedro, vaia…(a eles).

Persoas levan máscaras por temor ao coronavirus | Fonte: americatv.com

Unha das súas especialidades son as máscaras. Composición, eficacia, durabilidade, tecidos recomendados, modos de emprego…non hai detalle que se lles escape. “Se queres total protección, tes que alternar a FP-2 coa K95 en función da humidade e temperatura ambiente e cubrila cunha de trama densa. Pero para espazos abertos podes librar cunha quirúrxica sempre e cando leves tamén unha de filtros e a presión atmosférica sexa de 34/62. Nese caso hai que gardalas en fundas de carbono ou que non leven almidón”. Eso por poñer só un exemplo.

Tamén gustan de presumir das moitas precaucións que toman e mesmo se detecta certo pique cando coinciden dous membros desta nova liña científica. “Eu desinfecto as mans catro veces á hora e boto desinfectante en cada superficie á que me achego”. “Bah, eso non é nada. Eu uso virucida, triple mascarilla e non me achego a menos de cen metros de onde houbera presenza humana nas últimas 72 horas”. A ver quen a ten máis longa, a precaución.

E iso no nivel caseiro. Porque as súas análises sobre a xestión sanitaria da pandemia non admiten réplica. Dende as investigacións da Johns Hopkins, ás recomendacións da OMS ou dende as medidas dos gobernos europeos ata o funcionamento e distribución das vacinas, a súa diagnose é sempre a mesma: “no tienen ni puta idea”. E que conste que logo non dubidan en citar a calquera deses organismos cando alguén ousa levarlles a contraria.

O confinamento total que perseguen os novos menciñeiros

O peche inmediato e total da hostalería é o seu anhelo, algo que persiguen coa fe dos conversos. O do confinamento total…eso dino coa boca pequena e cara de fastidio. Porque quedarían sen espazos onde impoñer a súa lei e demostrar a súa sabedoría coronavírica.

Sillas bar / XdL

Coa terceira ola están a vivir o seu momento de auxe e esplendor. “¡Ya lo decía yo y no me hicieron caso! ¡Era más importante la navidad que la vida!”. A súa doutrina é clara: hai que ser europeos e que o estado pague todo mentres a xente permanece nas casas lendo a Herman Hesse e Ezra Pound. Cultura e formación do espíritu sanitario…o resto non existe.

Pontificar sobre o uso das vacinas será o seu último momento de éxito. A pandemia pasará e a caza de bruxas practicada por estes menciñeiros quedará no esquecemento. De cando en vez lembrarán as batallitas de como fixeron poñer a máscara a un señor que ía sen ela ou como toda unha fila de clientes dun supermercado se cuadrou a unha orde súa.  

En resumo: xente que recibiu demasiada información moitas veces contradictoria e que colleu tanto medo que, como en cada momento crítico para a humanidade, elexiu a vía mesiánica e acabou chegando a adquirir certo poder. Nin caso.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes...

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...