InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Desacougo ante a ameaza invisible

Así viviamos hai un ano a pandemia: Desacougo ante a ameaza invisible

A falta de información clara non é do que máis botades en falta? Porque eu si, e iso é porque aínda non a hai, con respecto a moitas cousas relacionadas coa COVID19. O 1 de decembro chegounos a visitar e agora non se quere ir da casa e, por riba, estao revolvendo todo ao seu paso.

Publicado o

- Advertisement -

Diario de corentena 25 de marzo 2020:

Cando tes que buscarlle cousas boas á situación na que estamos.

Unha das cousas boas da aparición do COVID19 é o papel que cada un de nós xoga individualmente para o control da epidemia, e falo a nivel mundial. A responsabilidade de cada un de nós, repercute a nivel global, e por suposto, cercano. Todos coincidimos na trascendencia que ten o que estamos vivindo. Tempos de desconcerto e desconfianza, incluso para as persoas e autoridades nas que os cidadáns depositamos a confianza nos distintos ámbitos. O coronavirus fainos iguais, máis ca nunca; nun sistema global/xeral que está na corda floxa.

Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

Estamos en RESET

A falta de información clara non é do que máis botades en falta? Porque eu si, e iso é porque aínda non a hai con respecto a moitas cousas relacionadas coa COVID19. O 1 de decembro chegounos a visitar e agora non se quere ir da casa e, por riba, estao revolvendo todo ao seu paso. Pero é que revolvendo, atopou un montón de merda, e a que atopará, que estaba aí, nos países, nos organismos, nas estruturas, na organización como sociedade, nas administracións e empresas, en moito do que ata agora considerabamos bo ou malo,… nas familias, no individuo, en como vivimos.

“Isto é unha locura, é un fracaso de modelo social,” dixéronme á outra banda do teléfono. “Este ten que ser tempo de reflexión sobre o propio capitalismo, sobre a globalización e sobre o modelo de produción e de sistema que temos, onde non somos capaces de producir máscaras.”

Un dos problemas que se vén constatando co COVID19, é a falta de medios e persoal sanitario. Está acontecendo en todos os países e a todos os niveis. Queda claro que o mundo non estaba preparado para algo así, pero descúbrese que os hospitais aquí e en Nova Iork, xa non tiñan nin o necesario para o básico, sen situación de alarma sanitaria. E mentres en España, xusto antes de decretar a alarma sanitaria, a SANIDADE pasaba do 7º ao 3º lugar en canto a preocupacións da cidadanía, e en Galicia, desde fai tempo, os sanitarios demandan máis medios para non contaxiar e non contaxiarse. Básico, non?

Sanitaria atende a unha paciente de coronavirus (imaxe de arquivo). EFE

Á outra beira do teléfono segue a miña interlocutora, que aproveito para dicir que non traballa na sanidade, “Ir a traballar e ir protexida, por eles e polos demais. Esta xente está indo a traballar sabendo que, moi probablemente, volva contaxiada á casa. Non podemos infantilizar á xente, ten que saber que non hai medios. 

Non somos autosuficientes, agora que a COVID19 chega a América, como imos competir no mercado internacional para ter máscaras? simplemente non vai haber. Temos que ser conscientes do modelo social e económico que construimos e o fracaso e o risco que implica. O sistema é fallido de modo estrutural e a xente non o sabe, e non é consciente de ata que punto. É importante que o saibamos.”

ROZANDO O DESBARRE DE CORENTA

Destas palabras da compañeira ao outro lado do teléfono, engado, porque os humanos, cada cidadán temos a nosa responsabilidade para que isto sexa mellor para todos, e esa responsabilidade non é só votar periodicamente. Non somos alleos ao que acontece, nin agora, nin deberiamos ser nunca. Formamos parte do que acontece e esta situación que creou o COVID19 non se solucionaría se os cidadáns, a nivel individual, non teñen o comportamento que se lles espera. Ante a COVID19 todos os medios sanitarios do mundo non serven de nada se a xente non nos quedamos na casa. Tras o reset tocará reiniciar e todos xogamos un papel, as persoas nas que depositamos a nosa confianza, e tamén nós. Parece idílico, non?

Creo tamén que parte dese sistema que demostrou a súa ineficacia son as teorías da conspiranoia ou, a un menor nivel, os bulos desafortunadamente oportunistas que circulan nas redes e que, nestes tempos do COVID penetran rápidamente na sociedade, causando un gran dano. “A COMUNICACIÓN É FUNDAMENTAL PARA ACADAR O DESENVOLVEMENTO SOCIAL”, dicíame o Xornalista, Lois Celeiro, en Xornal de Lemos. Por certo, fai un mes, cando España e o mundo xa sabían que o COVID chegara a Italia.

Como descoñezo se o COVID19 o botou, China ou Trump, ou os extraterrestres; opto por pensar que foi o modo que tivo o noso planeta para dicirnos: “ASÍ NON; que non vos enterades cando vos aviso, só cando vos toca a vós.” Como a COVID19.

E en momentos así a xente aporta, colabora, implícase, como estamos vendo en multitude de casos. Aplausos para todas esas persoas. É unha honra; como a que senten as persoas que hoxe estrearon as máscaras de protección que o IES A Pinguela de Monforte fai coa súa impresora 3D.

Máscaras IES A Pinguela / F.O. Madriñán

ÚLTIMAS

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...