InicioOpiniónOPINIÓN: Cans e perros

OPINIÓN: Cans e perros

Gustaríame que estas liñas axuden ás persoas a reflexionar sobre o impacto dos seus actos – incluídos os lexislativos- na dignidade dos animais urbanizados e estabulados. O exemplo de animal que máis me doe son os cans.

Publicado o

POR
Luis Cortiñas, Asesor Gandeiro
- Advertisement -

Antes de nada, cómpre establecer as diferenzas entre os cans e os “perros” ou “perritos”. O primeiro que hai que aclarar é que os cans nunca estiveron en perigo de extinción. Levan milenios cumprindo cometidos como axudar ós seus amos en diferentes tarefas que fan mellor e máis sinxela a vida de ámbalas dúas especies. Defensa e garda do fogar, protección e manexo do gando ou mesmo compaña do amo, son funcións que o can desenvolve nun ámbito e un entorno axeitado ás súas características biolóxicas: solos brandos acordes ás gadoupas caninas; aires limpos e carentes de produtos químicos hixienizantes onde poden desenvolver a súa inmensa capacidade olfativa e potenciar o rastrexo; liberdade de movementos e socialización.

Lembrará quen se criou na aldea que o can comía todo aquelo que atopaba movéndose ceibe e que mesmo adubaba as leiras mediante as súas deposicións sólidas e líquidas. E lembrará tamén que, para as persoas de mala fe, o can era embaixador da casa do seu amo, deixando tarxeta de visita da fame e a crueldade.

E logo temos o concepto “perro”. Un animal moito máis esixido ao que se lle reclaman aptitudes e actitudes que satisfagan necesidades egocéntricas do ser humano. Son animais que viven en contornas altamente contaminadas e mesmo tóxicas para as súas cualidades e capacidades biolóxicas.

Cans alimentándose/GC

Esas novas funcións impostas ós “perros” tamén se lles impoñen –adaptadas a cada circunstancia- a gatos, serpes e mesmo peixes.

Todas as persoas que lexislan e/ou consumen as innovadoras tendencias de loita contra o cambio climático e a entelequia dos territorios “vaciados” deberan ter bastante máis en conta o coñecemento científico e moito menos a nova moralidade das sociedades estabuladas.

Un bo exercicio é sentarse coa xente que vive no medio rural e contarlles o que se fai nos espazos urbanos e semi urbanos cos cans. Baste ver como se lles enchen de bágoas os ollos e como miran para os seus cadelos. Non digo máis…

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...