InicioEconomía757.657,68 euros de investimento en Monforte

757.657,68 euros de investimento en Monforte

A Xunta de Goberno de Monforte deu a coñecer o Plan Único 2019 da Deputación de Lugo, con cofinanciación municipal engadida, sendo 500.000 euros aportados polo organismo provincial e 257.657,68 euros polo Concello.

Publicado o

- Advertisement -

O importe total de investimento presentado por José Tomé Roca en rolda de prensa, 757.657,68 euros, distribuirase en 6 programas de actuación:  programa de Investimentos, programa de Servizo de Axuda no Fogar (SAF), programa Fomento do Emprego, programa de Actividades Culturais, programa de Actividades Deportivas e programa de Actuacións/Eventos Turísticos.

O programa de Investimentos, que leva o importe máis elevado do total, ten un custe de 310.028,68 euros que se destinarán á pavimentación de varias rúas do casco urbano monfortino, a arranxar pistas na periferia rural de Monforte e a melloras de pistas nas parroquias de Chavaga, Distriz, A Parte, Rozavales, Sindrán e A Vide. Neste programa tamén se inclúen proxectos de eliminación de barreiras arquitectónicas, reordenación e renovación do pavimento da nova beirarrúa que discorre dende a entrada ao Hospital na marxe dereita da rúa Corredoira ata a rotonda da Ronda María Emilia Casas.

No programa de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) invístense 229.820,75 euros sendo esta unha pequena parte do investimento total do Concello en servizos sociais, que no conxunto do ano alcanza neste concepto os 1.171.342,52 euros -uns 400.000 máis que hai 4 anos-.

Para o programa Fomento do Emprego, denominado Depuemprego, contrataranse 4 persoas durante 9 meses: 2 auxiliares administrativos, 1 oficial de xardinería e un oficial electricista, para o que se destinarán 67.896,40 euros do Plan Único.

No referente ao programa de Actividades Culturais inclúense actividades de rúa, actividades musicais, o certame municipal de teatro para centros de ensino, a Feira do Libro e a promoción de Monforte, entre outras actividades. O orzamento para esta partida é de 72.500 euros.

Para Actividades Deportivas o total do investimento será de 20.598,58 euros, e neste programa contémplanse varias actividades deportivas, sendo a máis relevante e custosa a Carreira Popular.

No último dos 6 programas nos que se reparte o investimento total, Actuacións e Eventos Turísticos, o Concello centra as accións e o gasto na promoción de Monforte, a Feira Medieval e outras actividades turísticas menores. Neste apartado o custe ascende a 56.821,27 euros.

En palabras do Alcalde, José Tomé Roca “entre o que aporta a Deputación a través do Plan Único e os fondos que aporta o Concello de xeito voluntario, permite facer investimentos por valor de 757.657,68 euros, dedicando o 55,67% a investimentos, un 26% en actividades, un 13,58% en Depuemprego e un 4,75% no SAF.”

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...