HomePolíticaSenadores de Lugo con importantes responsabilidades en Madrid

Senadores de Lugo con importantes responsabilidades en Madrid

Os senadores electos pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela Rodríguez, veñen de ser designados en destacadas Comisións da Cámara Alta.

Publicado o

- Advertisement -

Os tres senadores do Partido Popular amosaron estes días a súa satisfacción pola confianza depositada neles de cara a desempeñar as responsabilidades que lles foron outorgadas, e manifestan o seu compromiso para “impulsar iniciativas que beneficien aos españois, aos galegos e aos lucenses, en particular”.

Ademais de voceiro de Economía, José Manuel Barreiro foi designado voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular nesta Cámara; coordinador da Área Económica; vicepresidente da Comisión de Economía e Empresa; voceiro da Comisión de Incompatibilidades e vogal das seguintes Comisións: Ciencia, Innovación e Universidades e Xeral de Comunidades Autónomas.

A quiroguesa Rosa Arza formará parte as Comisións de Dereitos da Familia e Adolescencia, sendo voceira de Familia, voceira adxunta da de Incompatibilidades e membro da de Función Pública.

O chantadino Manuel Varela Rodríguez,  das de Industria, Turismo e Comercio, sendo voceiro de Comercio; e membro da Xeral das Comunidades Autónomas e de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...