InicioPolíticaO BNG de Monforte pide a creación do Consello Municipal de Turismo

O BNG de Monforte pide a creación do Consello Municipal de Turismo

Esperta Monforte, entre outras iniciativas, solicita a rebaixa do IBI.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Monforte quere impulsar o polígono industrial e o sector agrogandeiro, para isto último consideran importante a adecuación das instalacións da feira. Consideran os nacionalistas que desde Monforte, como capital da Ribeira Sacra se debe fomentar unha ruralidade dinámica e innovadora. Desde o BNG din apostar por facer oposición construtiva polo fomento, a recuperación e a implantación de novas tecnoloxías para a creación de emprego.

“Temos que vencer prexuízos e apostar polo futuro da man do sector primario, complementado por outros sectores, pero apoiado tamén administración pública local que é a máis achegada á xente” defende Emilio José Sánchez, voceiro do bng en Monforte. 

Co obxectivo de establecer colaboracións e sinerxias positivas para o emprego o BNG presenta unha moción ao pleno deste luns, na que propoñen a creación dun Consello Municipal de Turismo onde participen todas as partes interesadas e que teña como obxectivos a dinamización económica e o emprego, tendo en consideración todas as visións, nomeadamente a de comerciantes e hostaleiros monfortinos.
Rebaixa do IBI
Pola súa banda Esperta Monforte presenta ao pleno de mañá, entre outras iniciativas, un rogo para que se rebaixe o coeficiente do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana, que na actualidade está no 0,605 ao 0,555 entendendo que pode ser perfectamente asumible realizando os axustes precisos en partidas de gastos non tan necesarias.
Piden tamén que se contemple a bonificación de ata o 90% da cota íntegra do imposto, sempre que o soliciten os interesados antes do inicio das obras, naqueles inmobles que sexan obxecto dunha actividade constructiva de rehabilitación e mellora que sexa declarada de especial interese ou utilidade municipal, por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas, ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...