HomePolíticaO lixo atrae lixo nas Lamas, segundo o PP de Monforte

O lixo atrae lixo nas Lamas, segundo o PP de Monforte

O PP de Monforte esixe a retirada do lixo acumulado en gran cantidade nas Lamas, moi preto do punto limpo municipal. Aseguran que hoxe o terreo é un gran vertedoiro incontrolado.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o PP de Monforte, hai algúns indicadores que operan como escaparates da xestión dos municipios. Un deses indicadores é o aseo, a limpeza, tanto no ámbito urbano como no rural. “En Monforte, un destes indicadores acusa de desidia ao alcalde, o socialista José Tomé, e ao seu equipo, cando se mide nas Lamas, moi preto de onde se atopa o punto limpo”.

A portavoz do PP no Concello, Katy Varela, sinala que nesta zona hai un amplo terreo cheo de lixo de distinto tipo, a pesar do Concello que prohibe expresamente o vertido de residuos, “pero parece que ninguén se encarga de facer cumprir tal disposición”. O grupo municipal do PP presentará unha iniciativa sobre este asunto na próxima sesión plenaria da corporación monfortina.

Os populares sinalan, que hai veciños que acudiron ao Concello para queixarse do estado en que se atopa o citado terreo nas Lamas, “e non conseguiron nada. Como ocorre con frecuencia, o lixo atrae lixo”. Segundo indica Katy Varela, parece que á vista de que nese terreo abundan a chatarra, incluídos ferros de todo tipo, bidóns e outros residuos, empeza a chegar lixo doutro tipo.

As Lamas / PP Monforte

A portavoz popular en Monforte afirma que a situación das Lamas reflexa como entende o goberno monfortino todo o que ten que ver co medio ambiente e coa limpeza do municipio e insta ao alcalde a adoptar as medidas oportunas para retirar o lixo depositado nas Lamas e para evitar que se reproduza este problema.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...