HomePolíticaO PP insta á Deputación a poñer en marcha o club náutico...

O PP insta á Deputación a poñer en marcha o club náutico de Belesar

O portavoz popular, Javier Castiñeira, comprobou en compañía do alcalde Manuel Lorenzo Varela que as instalacións do club de Chantada seguen pechadas e destaca á importancia de que estean operativas para estimular a economía local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O turismo fluvial constitúe unha magnífica oportunidade para atraer visitantes á provincia de Lugo, segundo sinalan desde o PP. Aseguran que a Deputación baixo gobernos populares, fixo un gran esforzo para crear instalacións capaces de atraer turismo, que “funcionaron ata que a desidia de gobernos provinciais dirixidos por presidentes socialistas levaron ao peche de varias destas instalacións.”

Castiñeira explica: “ Sabemos que saíu licitada a súa concesión en febreiro do ano pasado e que o concurso quedou deserto; queda demostrada así a falta absoluta de interese do goberno provincial por sacar adiante estas instalacións”.

Castiñeira expón que os populares piden á Deputación que saque de novo a licitación a explotación do club e que “faga os novos pregos de condicións de maneira que se prime a posta en servizo”. Segundo Castiñeira, “estas instalacións pechadas dan unha imaxe moi mala dunha zona  moi importante  da provincia como é a Ribeira Sacra, que é candidata a Patrimonio da Humanidade”.

Club Belesar / PP Provincial

Está seguro de que “se noutra provincia tivesen estas instalacións, dende logo, non estarían pechadas”. Destaca que para Chantada este club náutico é un recurso moi necesario. “Ten moitísimas posibilidades como os clubs que xa vimos en Portomarín e Augasmestas (Quiroga) e que siga pechado é unha mostra máis do abandono das instalacións fluviais por parte do goberno da Deputación”, conclúe Castiñeira.

ÚLTIMAS

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial,...

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha...

Dobre sesión de teatro este 30 de outubro na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos de Monforte

A primeira cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, ás...