HomePolíticaO BNG de Pantón asegura que se disfrazan salarios en forma de...

O BNG de Pantón asegura que se disfrazan salarios en forma de dietas

Os nacionalistas de Pantón consideran que a falta de Planificación e de ideas deixa ao descuberto a desidia do goberno municipal "ao que a vida no rural lle é molesta, pechar aldeas é máis doado se faltan servizos o que afonda máis aínda na crise demográfica que xa é estrutural no noso concello e que nunca tratou de ser revertida dende a administración local."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón considera que maioría absoluta do PP no concello é utilizada para gobernar por arroutadas sen planificación e reitera a súa “disposición para construír e promover a favor da maioría social, aínda que non vai ser fácil se a todo o que propón a oposición vota que non o PP” lamentan os nacionalistas que pensan que ”as persoas deixaron de importarlle ao goberno municipal hai demasiado tempo”.

“A falta de transparencia, e gobernar a golpe de decreto da alcaldía, sen orzamentos con modificacións de crédito constantes só demostran a falta de ideas e o incómoda que lle é a democracia a determinadas persoas”, sinalan desde o BNG e

“Non é razoable increpar ás persoas pola súa actividade política nin denigralas por cobrar salarios mentres no concello de Pantón levan anos disfrazando salarios encubertos en forma de dietas, algo que podería ser ‘ilegal’ por abusivo e que poñeremos en coñecemento do Consello Económico e Social tras anos de boas palabras que lonxe de conseguir transparencia e mesura nestas prácticas, vanse incrementando o que visibiliza que é o que lle importa ao PP en Pantón” declara Rosa Ana Prieto Florines, voceira municipal do BNG.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...