HomePolíticaO BNG leva ao Congreso o arranxo da N-120

O BNG leva ao Congreso o arranxo da N-120

O BNG defende a necesidade de mellorar a N-120 como arteria de comunicación prioritaria do Sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG do Sur de Lugo vén de realizar encontros con outras comarcas galegas afectadas polo mal estado da actual N-120, así como con agrupacións empresariais, sociais e de defensa medioambiental, e tiraron a conclusión, de que sexa cal for a planificación futura, no momento actual “é prioritaria a infraestrutura da N-120 para o desenvolvemento dos territorios polos que transcorre”.

A Responsable Comarcal do BNG, Rosa Ana Prieto Florines, explica que “as infraestruturas en bo estado son imprescindibles para o noso desenvolvemento socioeconómico, e na actualidade a N-120 é a nosa principal vía de comunicación tanto coa meseta, como coas Rías Baixas ou co Norte de Portugal”.

Dende o BNG consideran urxente o arranxo do firme e o aumento de carrís nalgúns tramos, así como no medio e longo prazo acometer obras de maneira integral na vía que constitúan unha solución sostida no tempo que axude a parar a sangría demográfica que sofre o interior galego. Amósanse optimistas os nacionalistas que agardan que o Goberno de España dote de partidas económicas suficientes as obras de mellora urxente e integral da N-120.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...