HomePolíticaO PSOE reclámalle á Xunta un Plan de Recuperación dos Servizos Bancarios

O PSOE reclámalle á Xunta un Plan de Recuperación dos Servizos Bancarios

Entre outras cousas solicitan medidas para garantir a presenza de sucursais bancarias en tódolos concellos con persoal vinculado á entidade bancaria e un horario de apertura e servizos similar ó ofertado nos grandes núcleos de poboación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo sinalan os socialistas, nos últimos doce anos Galicia perdeu o 51% da súa rede bancaria, coa correspondente perda de empregos, no ano 2008, Galicia contaba con 18.518 persoas empregadas na banca; a día de hoxe son pouco máis de 13.000. Máis de 5.000 empregos perdidos.

Xunto ca perda de emprego, este peche de oficinas supón unha perda máis de servizos esenciais para a poboación, sobre todo para os residentes do rural, e para as persoas de máis idade. Mais de 7000 lucenses carecen de acceso ós servizos bancarios no seu lugar de residencia. Esta situación supón unha nova discriminación no acceso a servizos básicos para o rural.

Para a poboación de maior idade, que prefire os trámites presenciais, a falta de oficinas supón ter que planificar un desprazamento, sempre condicionado a cuestións como o estado de saúde, o grado de mobilidade ou dependencia, a dispoñibilidade de vehículo, a idoneidade das rutas de transporte público ou poder gastar cartos nun taxi.

Os socialistas presentan na Deputación unha moción para solicitar á Xunta de Galicia que cumpra cas competencias atribuídas nos puntos 1 e 4 do artigo 30 do Estatuto de Galicia sobre fomento e planificación da actividade económica, defensa do consumidor e usuario, e sobre institucións de crédito corporativo, público e territorial, e que elabore un Plan de Recuperación dos Servizos Bancarios na provincia de Lugo que inclúa:

  • Medidas para garantir a presenza de sucursais bancarias en tódolos concellos con persoal vinculado á entidade bancaria e un horario de apertura e servizos similar ó ofertado nos grandes núcleos de poboación.
  • A elaboración, no abano de competencias exclusivas en Consumo, e a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, dunha Carta de Servizos Básicos que garanta o dereito de todos os galegos e galegas a non quedar excluídos da prestación dos servizos básicos de carácter financeiro.
  • Un plan integral de telefonía móbil no rural que permita acceder ós servizos de banca electrónica e telemática en todo o territorio da provincia
  • Achegar ós concellos financiamento para desenvolver plans de formación dirixidos á terceira idade para fomentar o uso das novas tecnoloxías

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...