HomePolíticaIGV demanda un plan para a dignificación de atención primaria e pediatría...

IGV demanda un plan para a dignificación de atención primaria e pediatría no rural

Segundo IGV, os meses finais de 2021 evidenciaron problemas estruturais na Atención Primaria das comarcas do distrito sanitario de Monforte, correspondente coa antiga área sanitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa xubilación de persoal médico amortizáronse nos últimos tempos un mínimo de catro prazas (Monforte, Carballedo, Sober e Pantón) o que redunda nunha maior desatención e mingua de servizos no rural. “No interior galego non só hai que fixarse no cupo de cada médico, tamén hai que atender á dispersión e o que se tarda na atención ao fogar”, sinalan desde IGV e lembran que os maiores problemas se dan agora en Pantón e Chantada, onde perigan varias prazas de médico de familia.

Desde Interior Galego Vivo amosan o seu apoio á veciñanza e colectivos que se mobilizan contra a perda de servizos sanitarios e queren recoñecer ao persoal sanitario que asume nas súas costas o sobreesforzo que supón a falta de cobertura das prazas. Segundo IGV este problema é estrutural “pola falta de estabilidade laboral que ofrece o SERGAS, con contratos que se fan por días, despedindo nas fins de semana.”

En canto á carencia de atención pediátrica no distrinto sanitario tamén a consideran estrutural. “Estes días Chantada estivo outra vez sen pediatra e Monforte, onde acoden os concellos da contorna, ten unha listaxe de agarda para atención de consultas por enfermidade que pode chegar ás dúas semanas. En Quiroga só hai pediatría dous días á semana e este é o centro de referencia para todo o Courel.”

Desde Interior Galego Vivo consideran que o SERGAS debe impulsar un plano específico para a mellora da Atención Primaria e Pediatría no distrito sanitario de Monforte, O Barco e Verín, tendo en conta as condicións laborais e a necesidade de maiores incentivos para exercer no interior galego.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...