HomePolíticaManuel Lorenzo Varela: "É inxustificable que o Goberno desatendera todas a iniciativas...

Manuel Lorenzo Varela: “É inxustificable que o Goberno desatendera todas a iniciativas para mellorar a N-540”

O alcalde de Chantada e senador destaca que o estado da N-540 é peor cada día, o que incrementa as dificultades de todo tipo que provoca tal situación. “Nós non temos outras alternativas, nin autovía nin ferrocarril. Necesitamos que esta estrada estea en boas condicións, porque a precisamos para o día a día”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Manuel Lorenzo Varela lembra que a comisión de seguimento desta vía ten solicitada unha entrevista coa Ministra de Transportes, Raquel Sánchez, dende o pasado mes de outubro, e reclama que tal petición sexa atendida sen máis demora. Na súa calidade de senador, lembra tamén as numerosas iniciativas presentadas por el e os demais senadores lucenses do PP para reclamar a renovación a fondo desta vía. Di: “Parece que a ministra non quere falar cos afectados da reparación da N-540 e por iso non atende a petición de entrevista que formalizamos en outubro pasado”.

Manuel Lorenzo Varela asegura que a estrada está mal en todo o seu trazado, pero hai puntos especialmente malos, como é no tramo de Guntín. Lamenta que a ministra de Transportes dea largas á entrevista que solicitou a comisión de seguimento para a mellora desta vía, da que forman parte alcaldes e empresarios, entre outros.

Varela destaca o traballo realizado polo PP, tanto en Madrid como en Santiago para conseguir a reparación desta estrada. Neste sentido lembrou que a finais de ano, os senadores populares presentaron unha pregunta ao goberno e pouco antes defenderan na mesma Cámara, na Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, unha iniciativa para “instar al Gobierno a arreglar a la mayor brevedad la carretera nacional N-540 para evitar los accidentes de tráfico y los daños en vehículos producidos por el mal estado del firme”. Pouco antes, no Parlamento de Galicia, aprobouse unha proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se require ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, nomeadamente da N-540 que comunica Lugo e Ourense.

ÚLTIMAS

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...