HomePolíticaO BNG de Quiroga actúa contra Movistar e apoia a mobilización deste...

O BNG de Quiroga actúa contra Movistar e apoia a mobilización deste día 20 no concello

Na queixa que os nacionalistas trasladaron a MOVISTAR solicitaron que se garanta o servizo e que se compense e/ou indemnice por danos e prexuízos aos prexudicados polas avarías destes últimos meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o BNG de Quiroga entenden que o que está a acontecer co deficiente servizo que está prestar Movistar en Quiroga estes últimos meses é un problema moi serio, e como tal precisa da loita común para esixirlle a esta operadora de telefonía un servizo e unhas prestacións dignas e á altura do século XXI. “Un servizo óptimo e con garantías de cobertura as 24 horas do día e os 365 días do ano para toda a veciñanza do Concello de Quiroga, xa sexa da vila como dos núcleos rurais.”

“Días atrás fixemos unha reclamación formal por escrito en nome da veciñanza e estamos de acordo con mobilizarnos conxuntamente polo ben de todas e todos o luns día 20, ás 13.15 h diante do concello. Como veciñ@s que somos isto vémolo como unha reivindicación do pobo e estamos convencidos de que a unión sempre fai a forza”, aseguran dende a formación nacionalista.

De cara ao futuro próximo afirman tamén que estudan enviar queixas á Valedora do Pobo e ao Defensor del Pueblo para trasladar esta situación.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....