HomePolíticaO PP de Monforte afea a Tomé "o seu desinterese pola reparación...

O PP de Monforte afea a Tomé “o seu desinterese pola reparación da ponte de Piñeira”

A portavoz popular, Katy Varela, anuncia que presentará unha iniciativa na próxima sesión plenaria para que o alcalde aclare que fixo o goberno local para reparar esta infraestrutura, canto tempo levarán as obras e canto custarán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares aseguran estar preocupados pola situación da ponte de Piñeira, dende que a finais do mes de xuño, afundiu por un lado a base dun dos seus piares, que quedou inservible como apoio da plataforma.

Varela lembra que foi necesario cortar a ponte ao tráfico de todo tipo de vehículos. Indica: “No pleno do 26 de xullo, á vista da preocupación dos veciños, o PP de Monforte preguntou polo estado desta infraestrutura, prazos para o seu arranxo e custos; o alcalde contestou que non sabía”. Engade: “Un mes despois, a súa contestación nos medios de comunicación segue sendo a mesma, o cal nos resulta totalmente inaceptable. Non pode ser que máis de dous meses despois o alcalde aínda non coñeza os prazos de arranxo nin o custo da obra, polo menos de maneira aproximada”.

Para os populares a ponte de Piñeira é unha ponte fundamental porque une dous barrios importantes da cidade: Piñeira, e polo tanto as zonas de Carude e a Compañía, xunto co barrio de Covas e a estrada de Ourense, “serve para desviar o tráfico do centro da cidade, polo que a xestión do alcalde e o seu equipo de goberno diante este asunto é inadmisible”.

Katy Varela considera que ao alcalde, José Tomé, “só lle gusta gastar cartos en fogos de artificio, orquestras e asfalto novo, pero, cando se trata do mantemento normal da cidade, a súa xestión é alarmante deficiente”.

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...