HomePolíticaO Conselleiro de Sanidade presenta en Monforte a "lei que atraerá novos...

O Conselleiro de Sanidade presenta en Monforte a “lei que atraerá novos especialistas ao Hospital Comarcal”

O PP de Lugo mantivo unha reunión de traballo de militantes do distrito sanitario de Monforte co conselleiro de Sanidade para dar a coñecer a nova Lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura no Sergas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Militantes, voceiros, alcaldes e alcaldesas do Partido Popular dos concellos comprendidos no distrito sanitario de Monforte mantiveron este domingo unha reunión informativa co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que este explicou a nova lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura no Sergas que vén de ser aprobada esta semana no Parlamento de Galicia cos únicos votos do PPdeG.

Asegurou que esta lei permitirá á Xunta cubrir a través dun concurso de méritos e sen necesidade de oposición aquelas prazas vacantes en postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais. O conselleiro explicou que este procedemento xa se ensaiou este ano para cubrir vacantes en atención primaria, “o que permitiu este mesmo mes adxudicar novos profesionais estables para os centros de saúde de Monforte ou Sarria, entre outras 91 prazas cubertas ao longo de toda Galicia.”

Os especialistas que obteñan a súa praza nos centros de saúde ou nos hospitais comarcais a través deste proceso terán que manterse nos postos adxudicados cando menos dous anos. Esta medida, unida ás postas en marcha pola Xunta nos últimos anos como que o tempo prestado en hospitais como o de Monforte supoña maior puntuación nas ofertas de emprego, nos concursos de traslados ou no aumento de nivel de carreira profesional, logrará, segundo o conselleiro, “que a carreira profesional dos novos especialistas comece por hospitais coma este, onde os servizos non están superespecializados coma nos hospitais máis grandes e o profesional adquire unha visión máis ampla da súa especialidade”.

PP reunión Monforte distrito sanitario / PP provincial

O conselleiro de sanidade e os representantes municipais do Partido Popular lamentaron o voto en contra de PSdeG e BNG a esta lei e fíxose referencia á “decisión do alcalde de Monforte de instalar un valado que pecha os accesos ao hospital comarcal” o conselleiro de Sanidade afirmou que “O PSOE e os seus socios quixeron cortarlle o subministro de calefacción ao hospital de Monforte e, co voto en contra desta nova lei, parece que tamén queren cortarlle unha fonte de subministro de novos profesionais”.

Lembrou o investimento de 1,5 millóns de euros rematado o ano pasado pola Xunta para reformar e ampliar o hospital de Monforte, centrado en habilitar un novo espazo para este hospital de día e en mellorar a farmacia hospitalaria que prepara os fármacos dos seus pacientes.

ÚLTIMAS

“É un orgullo que pensaran en min como pregoeira”, Mónica Fernández, sumiller

Falamos con Mónica Fernández aproveitando que está a pasar uns días en familia na...

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que...

FEARS e Por Chantada poñen o foco na instalación enerxética prevista en Pesqueiras

A veciñanza de Pesqueiras a través de Stop Baterías Ribeira Sacra denuncia irregularidades nos...