HomePolítica"Tomé é un presidente ausente que non fixo nin unha chamada", aseguran...

“Tomé é un presidente ausente que non fixo nin unha chamada”, aseguran os populares sobre as críticas do socialista en materia de incendios

O Partido Popular de Lugo cre que o presidente da Deputación e secretario xeral do PSOE lucense, José Tomé, non está en posición de criticar a acción política da Xunta en relación aos incendios acontecidos o pasado mes de xullo pois “foi e segue sendo un presidente ausente”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O socialista visitou as zonas máis afectadas polos incendios no Courel, onde fixo unhas declaracións criticando a política da Xunta nesta materia, calificando de “fracaso evidente” a xestión.

Non se entende que Tomé fale de “lealdade, rigor e coherencia”  ou que “mentres houbo incendios, a nosa prioridade foi estar cos veciños”. Segundo os populares a realidade dista moito destas declaracións. Desde o PP de Lugo instan ao secretario xeral do PSOE lucense que diga con que medios axudou, pois “nin fixo unha chamada de cortesía para ofrecer a súa axuda”.

Investigación da Fiscalía

En canto á decisión da Fiscalía de abrir dilixencias de investigación a raíz dunha denuncia presentada en agosto pola plataforma ‘Por un Monte galego con Futuro’, que acusa á Xunta de ser responsable por inacción do desastre ambiental causado pola vaga de lumes, a Xunta facilitou á Fiscalía toda a información solicitada.

Neste sentido, hai que aclarar que cando existe unha denuncia deste tipo sempre se abre unha investigación por parte do Ministerio Fiscal para comprobar o feito ou a responsabilidade dos partícipes no mesmo. A fiscal solicitou á Xunta un informe acerca dos operativos que interviñeron, cantos operativos, medios materiais e humanos que tomaron parte na extinción dos incendios.

Lembrar que Galicia despregou na época de alto risco todo o seu dispositivo composto de 7.000 efectivos, preto de 380 motobombas, tractores e ata 30 medios aéreos. O orzamento neste senso supera os 180 millóns de euros este ano, e inclúese ao arredor de 33 millóns de euros só en plan de prevención.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...