InicioPolíticaOs socialistas de Triacastela abandonan o pleno no que se aprobaron os...

Os socialistas de Triacastela abandonan o pleno no que se aprobaron os orzamentos do 2022

Aseguran os socialistas que o informe de fiscalización da rendición da conta xeral das entidades locais de Galicia, asegura que estes defectos considerados "graves" impiden a súa consideración como conta rendida. Refírense a “defectos relativos á non presentación das certificacións dos saldos bancarios, ou erros de coherencia nas contas anuais”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros socialistas de Triacastela abandonaron a sesión plenaria ordinaria, celebrada esta semana, na que o PP aprobou en solitario o orzamento municipal do 2022. “Neste concello hai unha desastrosa xestión económica, xa que o PP non é capaz de aprobar o orzamento anual en tempo e forma, e ademais aproba contas de xeito irregular, tal e como evidenciou no seu día o Consello de Contas”, din dende o PSdeG.

Insisten en que “Non podemos aprobar un orzamento que xa non se pode executar, porque, tal e como sinala a propia lexislación ten que seguir un procedemento. Primeiro, ten que aprobase no Pleno, despois ten que realizarse unha exposición pública durante un mes, a través do BOP e tamén no taboleiro público. Polo tanto, cando estea rematado o procedemento xa acabou a anualidade do 2022, na que ten que aplicarse este mesmo orzamento”.

Estamos a principios de decembro do 2022, cando remate o procedemento xa rematou a vixente anualidade e lembran que co orzamento do ano pasado sucedeu algo similar. Aseguran os socialistas que levan anos denunciando a xestión económica e que o Consello de Contas detectou defectos graves na contas xerais correspondentes ao exercicio de 2018.

“O orzamento e as contas municipais son documentos esenciais para o correcto funcionamento do Concello. Cando se incumpren prazos e normativas, o Concello incluso, pode chegar a perder subvencións, xa que non pode concorrer a elas. Polo tanto, estamos diante dun requirimento imprescindible para presentar proxectos e iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza de Triacastela”, insisten os socialistas.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...