HomePolíticaOs socialistas de Monforte elixen a Tomé por aclamación como candidato á...

Os socialistas de Monforte elixen a Tomé por aclamación como candidato á alcaldía

A Asemblea do PSOE de Monforte aprobou por aclamación que o actual alcalde, José Tomé Roca, sexa de novo o candidato do PSOE para as próximas eleccións municipais, que se celebrarán o día 28 de maio do presente ano 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os afiliados e afiliadas valoraron moi positivamente a excelente xestión que, ao seu modo de ver, están realizando o Alcalde e o Equipo de Goberno do PSOE e consideran que, sería moi positivo para Monforte, que siga gobernando para “continuar mellorando o Concello de Monforte.”

O candidato elexido, presentou unha lista cos mesmos compañeiros e compañeiras que o acompañaron na candidatura de 2019, salvo un titular e dous suplentes que tiveron que ser substituidos por motivos de saúde, dun total de 24 persoas que forman parte da candidatura, “totalmente paritaria.”

O candidato comprometeuse a seguir facendo proxectos e obras importantes para Monforte e tamén a seguir reforzando os servizos sociais e o crecemento económico, “promocionando e ampliando o Polígono do Reboredo, traendo empresas que van marcar un antes e un despois para o noso Concello, asi como infraestructuras relevantes que mellorarán as dotacións municipais.”

O actual alcalde confía no seu equipo, “o que me permite exercer de alcalde e presidente da Deputación, ambas as duas cousas moi positivas para Monforte, desfrutando dun periodo moi positivo na provincia e no concello”.

José Tomé Roca manifestou na Asamblea que, espera que os veciños e veciñas de Monforte lle dean o mesmo apoio e a mesma confianza que lle deron no ano 2019. Acompañan ao alcalde e candidato:

  1. José Tomé Roca                      
  2. Gloria Mª Prada Rodríguez                
  3. Ibán Torres Rodríguez            
  4. Mª del Pilar Espinosa Novelle           
  5. Jose Luis Losada Fernández                
  6. Marina Maria Doutón Rajo                
  7. José Manuel Mougán Sobredo                     
  8. Regina López Arías                  
  9. Guillermo Díaz Aira    
  10. Margarita López Rodríguez                
  11. Miguel Tomé ópez                
  12. Sonia López Montero             
  13. José Antonio Rodríguez Rodríguez                 
  14. Noelia Argiz Coutado             
  15. José Ramón Piñeiro Rodríguez                       
  16. Sara Mougán Martínez                     
  17. Manuel Francisco Bande Neira          
  18. Guillermo Rodríguez Vilaboa…..

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...