HomePolítica9 meses dos lumes do Courel, a que intereses responden as Administracións?

9 meses dos lumes do Courel, a que intereses responden as Administracións?

Despois dos grandes lumes do 2022 anunciáronse axudas millonarias para o Courel, tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta de Galicia. Pasados 9 meses Courel Vivo pregúntanse onde están esas axudas que aínda non chegaron a moitas das persoas afectadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dos grandes incendios de xullo do pasado na serra do Courel, “conselleiros, delegados e presidentes anunciaron axudas para a Serra usando o Courel para promocionarse e dando unha falsa imaxe de apoio neses momentos tan difíciles”, lembran desde Caurel Vivo. 

Ardeu case o 60% do Concello e 9 meses despois a realidade é “que poucas foron as axudas que chegaron, só algunha migalla para afectados directos en vivendas. Pero, e os afectados no turismo, apicultura, gandeira, autónomos  e donos das terras? O único que recibiron foron doazóns de particulares”, denuncia Caurel Vivo.

Este mesmo ano anunciouse a reforestación de zonas por parte da Xunta que é a que ten as competencias en Montes. Caurel Vivo asegura que “o único  que se plantou foi de forma altruísta por parte da veciñanza e voluntarios, con doazóns de castiñeiros e froiteiras”, e engaden, “estamos case un ano máis tarde do desastre e podemos ver como a meirande parte da palla que a Xunta usou para sacar a foto podrece nas cunetas.”  

Desde C@urel Vivo consideran que “unha vez máis se malgasta diñeiro público” e pregúntanse, “A que intereses responden as Administracións, ós intereses xerais ou ós duns poucos?”. 

Palla arredores Froxán / Courel Vivo

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....