InicioPolíticaMariano López Nieves: "Chantada necesita un proxecto progresista, imos volver a acadar...

Mariano López Nieves: “Chantada necesita un proxecto progresista, imos volver a acadar a alcaldía”

Mariano López Nieves presentou este venres a súa candidatura á Alcaldía de Chantada para as eleccións do 28 de maio, un encontro celebrado no Casino da vila no que estivo acompañado de tódolos membros da lista electoral, así como dos concelleiros e concelleiras saíntes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaron no acto o Secretario Xeral dos PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, e o Secretario Xeral de UU.AA., Roberto García, entre outros responsables orgánicos e cargos institucionais do partido no concello e na comarca.

José Tomé subliñou que a candidatura de Mariano López “dará un novo impulso para conseguir a Alcaldía e mellorar o futuro de Chantada. Un impulso froito do gran traballo que nestes últimos oito anos fixo a compañeira Raquel López, que acadou uns excelentes resultados electorais”. O líder socialista subliñou que o Alcaldable “reúne todos os valores necesarios para ser un bo Alcalde. Ten o máximo compromiso con Chantada, coa súa xente, coñece perfectamente as súas necesidades e tamén as súas oportunidades. Conta con experiencia recoñecida, moita sensatez e, o máis importante, ten moitas ganas de seguir traballando poe Chantada, agora dende a Alcaldía”. O tamén Presidente da Deputación recalcou que a institución investiu neste mandato en Chantada máis de 4 M€, comprometéndose a “darlle un novo impulso ó concello con Mariano como Alcalde”.

Mariano López Nieves agradeceu o traballo de tódolos concelleiros socialistas saíntes: “fixeron un traballo extraordinario ao longo deste tempo. Cónstame que en moitas ocasións foron o único altofalante das queixas e denuncias da veciñanza de Chantada, converténdose nun auténtico referente en toda a comarca”.

“Saímos a gañar para volver a acadar a Alcaldía. Sei que non é un camiño doado, pero traballaremos e empuxaremos dende cada parroquia e dende cada recuncho do noso concello para sacar adiante este proxecto progresista, tan necesario para Chantada”, destacou o candidato socialista, que sitúa como unha das súas prioridades poñer enriba da mesa solucións “para que ningunha empresa ou traballadores do sector produtivo marchen do noso concello, e tamén reverter a pirámide poboacional con políticas activas de natalidade”, como xa fan outros concellos.

ÚLTIMAS

“Case todo o que pisamos na montaña é comestible ou medicinal”, Carolina Martínez, divulgadora de plantas silvestres

Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de inmigrantes galegos e hai 9...

Prisión provisional para un home que rompeu o nariz á súa parella e deixou na UCI ao dono dun bar en Samos

O Xulgado de Sarria decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza...

Investigado un veciño de Monforte que roubou un coche e que era buscado polos xulgados de Coslada

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño, de 38 anos,...

Chantada quere Sanidade concéntrase o 2 de decembro ás 13:00h diante do centro de saúde

Aseguran desde a plataforma que se a situación se estaba deteriorando dende hai anos,...