HomePolíticaEsperta Monforte asegura que o concello non garante a igualde de acceso,...

Esperta Monforte asegura que o concello non garante a igualde de acceso, excluíndo dos Campamentos de Verán a mocidade con discapacidade

Esperta Monforte solicita a ao Alcalde e ao equipo de goberno, a contratación dos monitores deportivos que fagan falta "para que TODOS os nenos e nenas con discapacidade do noso Concello poidan participar nos campamentos de verán que pagamos TODOS e comezar este mandato sendo de verdade o alcalde de todos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas bases dos campamentos deportivos de verán do concello de Monforte establécese como requisitos, “No caso de prazas reservadas para persoas con discapacidade superior ó 33%, ter recoñecemento da situación de discapacidade e que non precisen da axuda de terceiras persoas para participar na actividade.

Desde Esperta lembran que o artigo 30 da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade ratificada por España no ano 1990 establece que: Para que as persoas con discapacidade poidan participar en igualdade de condicións coas demais persoas en actividades recreativas, de lecer e deportivas, os estados parte adoptarán medidas pertinentes para (entre outras):

d) Garantir que os nenos e nenas con discapacidade teñan o mesmo acceso que os demais nenos e nenas á participación en actividades lúdicas, recreativas, de lecer e deportivas, incluídas as que se desenvolvan dentro do sistema escolar.

Lembran que no ano 2015, este mesmo equipo de Goberno excluíu a 4 nenos monfortinos con discapacidade dos campamentos de verán alegando que “houbera un erro e non se presupuestara o persoal para atendelos,  pero 8 anos despois este equipo de goberno segue excluíndo nenos/as con discapacidade por non poder atendelos”.

Esperta Monforte pídelle ao alcalde que faga realidade o eslogan da súa campaña, “o alcalde de todos” e que tome a este respecto algunhas das seguintes medidas:

1ª. Renunciar os 4 partidos políticos, durante os meses de verán, ás súas asignacións mensuais + dietas dos concelleiros = 3750 euros / mes (case 2 monitores)

2ª. Non organizar un encontro de influencers: 15.000 euros (7 monitores e medio)

3ª. Non organizar unha pseudo “Xura de bandeira“ 30.000 euros (15 monitores)

4ª. Non facer unha ponte: 2 millóns de euros (1000 monitores)

ÚLTIMAS

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...