HomePolíticaNovos pasos para abordar os problemas do regadío Val de Lemos

Novos pasos para abordar os problemas do regadío Val de Lemos

O BNG, a través da súa deputada, Carme Aira impulsa un acordo para crear "unha Mesa de traballo" coa Confederación hidrográfica Miño-Sil e o sector agrario do Val de Lemos para abordar os problemas dos regantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo parlamentario acadado no Parlamento galego partiu do texto transacionado polas tres forzas políticas para  instar á Xunta a:  Poñer en marcha conxuntamente coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, unha mesa de traballo que inclúa aos distintos actores implicados para activar o sector agrario do Val de Lemos e o seu regadío, no que cada unha das administracións actúen dentro das súas competencias:

  1. No caso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, coas solucións xurídicas para a posta en marcha da comunidade de regantes, a solución para a débeda existente e a redacción do proxecto e posterior execución da modernización de dito regadío.
  1. No caso da Xunta de Galicia, elaborar un plan de reactivación da actividade agraria no Val do Lemos, cunha reestruturación da propiedade no ámbito afectado polo regadío, cos instrumentos de mobilización necesarios, dentro da lei de recuperación da terra agraria de Galicia,

A proposición non de lei defendida por Carme Aira, de xeito acumulado con outra iniciativa do  PSdG, criticou o gasto de auga ao ano que se produce para produción agraria e para consumo humano nos concellos da contorna. A xuízo da deputada, prodúcese un enorme desperdicio de auga no  territorio do Val de Lemos cun grande potencial produtivo sempre e cando contara con regadío e  para iso foi construído este encoro no seu momento. Nunha iniciativa presentada pola BNG, engadiu Aira, “xa destacabamos a  produción cerealística de trigo, millo forraxeiro, millo… Serían moitas toneladas de alimento para o gando e poderían ser tamén toneladas de alimento para consumo humano con produción hortícola ou frutícola, e  que nos conduciría á soberanía alimentar pero todo ese potencial foi desperdiciándose historicamente  pola falta dun deseño adecuado do regadío, a nula implicación das autoridades da época e a falta de apoio a unha comunidade de regantes forte”.

Carme Aira insistiu “no despilfarro de auga no Val”, de aí a necesidade de renovar a canalización para evitar esta perda que nalgunhas zonas anega a produción por “encharcamento” e ordenar os terreos de regadio facilitando a chegada da auga aos apradados e non usar os camiños como canle.        

A deputada do BNG avogou por suprimir a actual  comunidade de regantes e a condonación de calquera débeda, constituír unha nova  cun censo actualizado e con taxas  de similar contía que as que teñen que pagar noutros regadíos. E esixiu a Xunta e Confederación que asuman as súas responsabilidades, á Confederación lembralle competencias que ten asumir, como a  poboación de Vilasouto, que “pagou un alto prezo por este encoro e hai que facelo produtivo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...