HomePolíticaO PP de Monforte solicita un plan de revisión e mantemento do...

O PP de Monforte solicita un plan de revisión e mantemento do mobiliario urbano

Katy Varela ve necesaria a posta en marcha desta medida ante o grave deterioro que sofre o mobiliario da rúa e pola falta de mantemento das zonas verdes e de xogo infantís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros da Agrupación Municipal do PP de Monforte defenderán no pleno deste mes unha iniciativa para que o goberno local se preocupe de poñer freo ao grave deterioro que sofre o mobiliario urbano e a falta de mantemento das zonas verdes e de xogo infantís.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “recibimos constantemente queixas de veciños que nos fan chegar imaxes de zonas de lecer que están desatendidas o que provoca malestar entre os monfortinos que ven como a imaxe da vila cada vez vai a peor”.

Katy Varela sinala que hai numerosos exemplos deste abandono e destaca estes casos:

  • Os bancos de madeira na zona de Carude e da Pinguela que se encontran debaixo das árbores e que durante moitas semanas do ano están cheos de excrementos de paxaros polo que a veciñanza non os pode utilizar
  • No paseo ata Piñeira, dende o parque dos Condes, e na zona do parque de Covas hai varias varandas rotas
  • A pérgola que está na rúa do Conde, onde está a estatua de Manuel María, ten danos evidentes
  • No parque Doctor López Suárez, os elementos do parque biosaudable foron pintados por riba do óxido e sen repoñer as pezas estragadas, faltan asentos e tamén os aparellos con pedais que antes estaban instalados. Os bambáns infantís precisan arranxos e a pista de deporte cuberta ten moitas goteiras
  • O parque novo do Hospital xa presenta estragos

“A realidade é que urxe un plan de renovación do mobiliario urbano de Monforte, polo que agardamos que se preste atención a esta iniciativa que unicamente busca mellorar a imaxe da nosa cidade e os servizos dos que poden facer uso os monfortinos”, explica Varela.

ÚLTIMAS

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que...

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación da muralla e a remunicipalización do servizo de abastecemento

A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo...

O PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

Despois de ter presentado distintas iniciativas, o Partido Popular anuncia que volverán dirixirse formalmente...