InicioPolíticaInterior Galego Vivo esixe actuar con urxencia na N-540 "polo seu estado...

Interior Galego Vivo esixe actuar con urxencia na N-540 “polo seu estado calamitoso”

Hai un ano Interior Galego Vivo, por iniciativa das agrupacións das comarcas da Ulloa e de Chantada (Por Chantada), trasladaron ao MITMA que o estado da N-540 era lamentable a pesares de ser a principal vía de comunicación entre Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo considera que o estado calamitoso da N-540 non permite que se demoren máis as actuacións para o seu aglomerado en condicións. “Censuramos a irresponsabilidade de PP e PSOE que só se acordan do estado das vías na campaña eleitoral e só daquelas onde non gobernan, cando se trata de infraestrutura básica, cuxo mantemento compete ás institucións e que non pode ser un problema recorrente que causa roturas, pinchazos e mesmo accidentes graves”, sinalan.

Por Chantada ten presentado iniciativas a pleno para dirixirse ao Ministerio no 2018 e no 2020 que foron aprobadas por unanimidade. No 2017 a Comisión de Seguranza Vial do Congreso aprobou unha proposición non de lei para que o Ministerio de Fomento efectuase actuacións de reforma e rehabilitación en diferentes trechos na N-540 na provincia de Lugo, sen embargo o estado do firme cada vez é peor.

O MITMA contestou ás queixas presentadas a través da Dirección Xeral de Estradas, “Están en avanzada fase de redacción varios proyectos de mejora de dicha carretera en la provincia de Lugo, con presupuesto de más de 13 millones de euros, cuyas obras se han programado como prioritarias para este año 2023. Además, este Ministerio invirtió más de 200.000 euros el pasado año en la rehabilitación del firme de la travesía de Guntín.”

No entanto, neste comezo do 2024 o estado da N-540 ao seu paso polos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada é máis calamitoso ca nunca, “polo que a prioridade que se nos indicara para o 2023 ficou en auga de castañas”. Con todo volven a dirixirse agora ao Ministerio para que repare unha situación “que supón a quebra do principio constitucional de igualdade ao discriminr as comarcas rurais do interior galego que encabezamos os índices estatais de envellecemento e demotanasia, ao tempo que se prexudica gravemente a particulares e empresas que suportan continuos rebentóns en pneumáticos e outras avarías provocadas polo mal estado da estrada”.

Interior Galego Vivo considera que é tempo de solucións, “precisamos centrar os esforzos en ampliar a N-540 cun aglomerado acorde á tonelaxe e ao tránsito da estrada; con redución de curvas e carrís de adiantamento”.

Como proposta de futuro e vertebración territorial real, piden que “se incorpore un tren en paralelo que mellore a conectivade das comarcas dun modo máis ecolóxico e reducindo así as emisións de CO2 ao tempo que se crie un eixo comunicativo entre Lugo e Chaves que vertebre o interior da Euro-região Galiza – Portugal Norte”.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...