HomePolíticaO PP concéntrase na N-540 esixindo o seu arranxo

O PP concéntrase na N-540 esixindo o seu arranxo

Deputados do Grupo Provincial Popular e senadores do PP participaron nesta concentración e aseguraron aos veciños de todos os municipios afectados que comparten as súas reclamacións e que defenderán o seu arranxo “todas as veces que sexa necesario ata que estea en boas condicións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PP aseguran que apoian “as reivindicacións dos veciños de todos os concellos polos que discorre a estrada N-540 que presenta un estado de mantemento “lamentable, que pon en risco a seguridade dos condutores ante a total falta de avances do Goberno de Pedro Sánchez no seu arranxo”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirmou que “urxe” o arranxo desta estrada transitada a diario por miles de vehículos e que “o plan de rehabilitación anunciado hai uns días polo Goberno de Pedro Sánchez foi electoralista e insuficiente xa que precisamos o arranxo inmediato desta vía e non un plan a máis de 3 anos, no que para o 2024 existe unha partida ridícula”. Esta estrada é fundamental para a provincia de Lugo xa que é a única conexión coa Alta Velocidade ferroviaria debido “á total falta de avances na construción da autovía A-56”.

Antonio Ameijide recordou “a nefasta” negociación para Lugo e Galicia realizada polo negociador do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, “que deu todo a Cataluña e País Vasco, mentres a Galicia nos marxinou totalmente. Esta é a realidade da negociación entre PSOE e BNG: non hai investimentos para Galicia”.

O plan de mellora anunciado hai uns días polo executivo de Pedro Sánchez ascende a uns 11M€, “un novo desprezo para os lucenses” xa que recordou Antonio Ameijide que “o goberno de Mariano Rajoy contemplaba un plan de reforma desta estrada cun investimento de 20M€”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...