HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno mellorar beirarrúas e mobiliario urbano...

O BNG de Monforte leva a pleno mellorar beirarrúas e mobiliario urbano nas rúas Juan Montes e Ferrocarril

O concelleiro, Manuel Luaces, subliña que a substitución de luminarias deixou aos descuberto buracos, cables e parafusos dos antigos farois, o cal contribúe á falta de seguridade nestas zonas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte presenta unha proposta no pleno do Concello para abordar a deteriorada situación das beirarrúas e o mobiliario urbano nas rúas Juan Montes e Ferrocarril.

A iniciativa xorde debido ao preocupante estado ruinoso destas vías, a pesar de ser asfaltadas hai relativamente pouco tempo, “As fochas, mesmo nos sumidoiros, representan un risco evidente para a seguridade dos veciños. Ademais, durante o inverno, a acumulación de verdín ou musgo aumenta o risco de esvaróns”, asegura os nacionalistas.

O BNG insta ao Concello a tomar medidas urxentes para mellorar estas condicións e garantir a seguridade e comodidade dos cidadáns nestas rúas.

Rúa Juan Montes Monforte / BNG

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...