HomePolíticaQue hai que agochar nos parques comarcais de bombeiros para prohibirnos a...

Que hai que agochar nos parques comarcais de bombeiros para prohibirnos a entrada?, pregúntanse os populares

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández explican que, pese a que non sería preciso por ser unha instalación provincial e pública, comunicamos en tempo e forma a intención de visitar este parque de bombeiros, pero os traballadores do mesmo indicáronnos “que non nos podían deixar pasar por orde directa da presidencia da Deputación”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares preguntan a José Tomé “que ten que agochar” nos parques comarcais de bombeiros ao “prohibir a entrada” no parque comarcal de Monforte: “segue sendo un aprendiz de ditador que pensa que pode facer o que queira na Deputación”. Así se expresaba o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, tras ver como os bombeiros prohibían o acceso “por orde directa da presidencia”.

Antonio Ameijide critica “a falta de transparencia e autoritarismo” de José Tomé, do PSOE e do BNG: “que teñen que agochar para negar a entrada a unha propiedade provincial?”. Unha decisión que choca frontalmente coa resolución da Valedora do Pobo, de 15 de marzo de 2024, na que indicaba que “non era necesario que os deputados populares solicitasen permiso para entrar nunha propiedade provincial”.

Segundo os populares, no parque comarcal de Monforte tamén hai goteiras nas cocheras e Antonio Ameijide recorda que o arranxo do tellado saíu a licitación hai tres anos e aínda non se fixo nada, nun claro exemplo “da falta de preocupación e traballo” por parte da presidencia e xerencia do consorcio. Ademais, o persoal deste parque tamén reclama máis medios materiais e equipos de traballo xa que no caso de ter que realizar varias intervencións nun mesmo día non teñen medios para mudarse de roupa e poder traballar en condicións aceptables.

Pese a esta prohibición de entrada, Antonio Ameijide é claro, “mantemos a nosa intención de visitar todos os parques comarcais de bombeiros da provincia, polo que tamén iremos aos de Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada”.

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...