HomePolítica14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

O Grupo Provincial Popular pregunta ao goberno de PSOE e BNG que vai facer coa parcela que tiña que albergar a residencia do Saviñao, "un compromiso adquirido hai 14 anos, e da que a día de hoxe nada se fixo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos Armesto, e varios concelleiros visitaron esta parcela. Ameijide recorda que o compromiso da Deputación de Lugo con todos os veciños do Saviñao vén do ano 2010 (asinado oficialmente en xaneiro de 2011). A residencia construiríase nunha parcela sita no casco urbano e que se adquiriu a través da extinta SUPLUSA.

Ameijide explica que no vindeiro pleno se preguntará ao goberno provincial que pensa facer con esta parcela xa que “tela abandonada non é unha solución polo que tanto PSOE como BNG deben dicir que pensan facer con ela para o seu aproveitamento público en beneficio dos veciños e veciñas”. Trátase dunha finca de máis de 8.000 metros cadrados moi ben situada en Escairón, que podería estar ofrecendo un servizo público.

O estado desta parcela sen rozar nin coidar no centro urbano é un exemplo máis do “abandono do patrimonio provincial por parte do goberno de PSOE e BNG. Outra evidencia desta situación na Ribeira Sacra son as intransitables estradas provinciais que xeran mala imaxe dun territorio que aspira a ser Patrimonio Mundial e, o que é máis grave, poden chegar a ser un perigo para veciños e visitantes”.

Ameijide cita tamén o complexo turístico de Augas Mestas, en Quiroga, entre outras propiedades ao longo da provincia coma o edificio que alberga o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) en Lugo que leva meses sufrindo goteiras e filtracións que afectan á actividade diaria e á conservación das pezas que alberga ou a nave de Begonte onde se acumulan materiais fóra de uso e que o goberno provincial mantiña descoidados ata que os deputados do Partido Popular pediron o seu inventariado.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...