HomePolíticaO BNG reclama unha protección especial para o túnel romano de Montefurado

O BNG reclama unha protección especial para o túnel romano de Montefurado

"Esta xoia do noso patrimonio merece unha protección especial, sen demoras nin expedientes interminables. A xente de Montefurado xa non quere escoitar falar de prazos ou sancións; o que queren saber é se a Xunta vai impedir que se reinicien as obras de extracción de lousa na zona," afirma Iago Suárez. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Suárez, demanda na Comisión 6.ª Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, unha protección especial para o túnel romano de Montefurado, unha das obras de enxeñaría máis destacadas do patrimonio galego. Suárez advertiu sobre a necesidade de superar a burocracia e os prazos administrativos para garantir a preservación deste enclave histórico situado no sur de Lugo.

O deputado nacionalista salientou a necesidade dunha resposta clara por parte do Goberno do PP: “A Xunta está a favor ou en contra da extracción de lousa en Montefurado? Esa é a pregunta principal. Porque se a Xunta non se opón claramente, a empresa promotora poderá conseguir os permisos e retomar a actividade mineira, con todas as consecuencias que isto terá para o territorio.” 

Iago Suárez tamén denunciou que a actividade extractiva xa se está producindo na zona, segundo puido comprobar nunha visita recente: “No mes de outubro estiven no túnel e alí había máquinas traballando. A preocupación da veciñanza é enorme, e a Xunta non pode permanecer indiferente ante esta situación.” 

Desde o BNG reiteran a súa demanda para que o Goberno galego adopte unha posición firme e defenda o patrimonio cultural de Montefurado fronte a intereses privados que poñen en risco a súa conservación

ÚLTIMAS

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...