HomePolítica40.000€ da Deputación para mellorar estradas municipais de Sarria e renovar o...

40.000€ da Deputación para mellorar estradas municipais de Sarria e renovar o material de fisioterapia da residencia Nosa Señora do Carme

A Agrupación Socialista de Sarria pon en valor a colaboración institucional co Goberno da Deputación de Lugo, que permite traer ao municipio novos investimentos por valor de máis de 40.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a aplicación dos remanentes obtidos nas adxudicacións de proxectos incluídos no Plan Deputación 2024, respondendo así ás peticións trasladadas polos socialistas sarriáns. Este apoio da Deputación permitirá acometer dúas actuacións prioritarias en Sarria:

  • A rexeneración e renovación de vías municipais nos accesos a Ferreiros e Tremeado, cun investimento de 37.152,74 euros a cargo da Deputación.
  • A adquisición e renovación de material de fisioterapia para a residencia Nosa Señora do Carme, cunha achega provincial de 2.850 euros para a compra de barras de apoio, carros porta-equipos, sillóns e outros elementos necesarios para a atención ás persoas usuarias.

Desde a Agrupación Socialista destacan que estas actuacións son resultado da colaboración co Goberno provincial e da vontade compartida de mellorar os servizos públicos en Sarria, mesmo desde a oposición local. “Somos unha oposición útil, que fai propostas e consegue resultados para a veciñanza grazas ao diálogo e á cooperación institucional”, afirman.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Sarria, Benjamín Escontrela, puxo en valor o impacto destas melloras no día a día da cidadanía, “A rexeneración de estradas en parroquias como Ferreiros ou Tremeado mellora a seguridade, a mobilidade e a dignidade do rural, facilitando a vida diaria da veciñanza. E dotar á residencia de maiores con novo material é apostar polo coidado das persoas, polos nosos maiores, que merecen atención en condicións e espazos de calidade”, engadiu o voceiro.

“Mesmo desde a oposición, estamos a demostrar que se pode facer política útil, con resultados reais para Sarria. Ese é o noso compromiso: traballar con seriedade e en colaboración coas administracións que cren no municipalismo e no futuro do noso concello”, concluíu.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...