HomePolíticaO candidato popular no Incio quere modificar o Plan Xeral e apostar...

O candidato popular no Incio quere modificar o Plan Xeral e apostar polo turismo

Héctor Corujo encabezará a lista do PP do Incio, funcionario no propio Concello do Incio, Corujo é coñecedor da realidade da xestión municipal, apuntan desde o PP.

Publicado o

- Advertisement -

O candidato do PP naceu no 1970 na Cruz do Incio, é funcionario no Concello do Incio desde os 24 anos. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi presidente da ANPA do colexio do Incio.

A presidenta do Partido, Elena Candia, puxo en valor “a vontade e capacidade de traballo” do candidato e a súa implicación cun proxecto que pretende “devolver ao Concello do Incio unha xestión que teña en conta a realidade diaria do municipio e as necesidades dos seus veciños”; pero que tamén “poña en valor as súas posibilidades”.

A dirixente dos populares da provincia asegurou que “todo canto se fixo no Incio é responsabilidade e froito de gobernos do PP, como a restauración por parte da Xunta da igrexa de Santa Cruz do Incio, paso previo para a súa futura declaración como Ben de Interese Cultural (BIC)”

Héctor Corujo lamenta a “desorganización” na xestión do actual goberno municipal e di apostar por “organizar e planificar os servizos que presta o Concello, como a recollida do lixo “que agora se realiza unha única vez por semana modificando as rutas constantemente”.

“Un dos asuntos sobre os que debemos traballar primeiro é o problema da suba do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ou contribución. Catastro considera solares a algunhas parcelas que deben tributar como tal, pero coa modificación do Plan Xeral daríase solución a este problema”. Corujo explica que “eses traballos xa quedaron iniciados no 2010 co goberno do PP e case dous mandatos despois co actual goberno do PSOE está sen aprobar”.

O candidato popular aposta por “poñer en valor e dar a coñecer o noso concello situado estratexicamente entre O Courel e a Ribeira Sacra” e define o concello como “porta de entrada natural ao Courel”.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...